martes, 2 de febrero de 2016
viernes, 22 de enero de 2016
MATMONÓLOGOS 2016
A biblioteca María Wonenburger convoca
CONCURSO DE MATMONÓLOGOS 2016
- Os participantes presentarán un guión inédito cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá.
- O tema deberá estar relacionado coas matemáticas.
- Poderán presentarse os alumnos matriculados en 2º ESO.
- O formato será preferentemente dixital: documento de texto no que se fará constar o título e autor. Enviárase ao seguinte enderezo de correo electrónico: biblioeba@gmail.com, indicando no asunto “Concurso Matmonólogos ”. Tamén se aceptarán traballos en papel, que deberán ser entragados na biblioteca.
- O prazo de entrega remata o 29 de febreiro de 2016
- Premiaranse os dous mellores matmonólogos.
- Os traballos presentados a este concurso poderán participar no Concurso de Matmonólogos convocado por AGAPEMA e Educabarrié
Etiquetas:
2016,
CONCURSOS,
MATMONÓLOGOS
ESOPÍAS 2016
A biblioteca María Wonenburger convoca o concurso
ESOPÍAS PARA A PAZ
Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
- Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
- O contido da esopía terá que ter relación co tema da paz.
- Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
- A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
- Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2016”.
- Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
- O prazo de entrega remata o 15 de febreiro de 2015.
- A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié
APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS
- As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.
- Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
LEMBRADE QUE NESTA EDICIÓN AS ESOPÍAS TEÑEN QUE TER RELACIÓN CO TEMA DA PAZ.
miércoles, 16 de diciembre de 2015
UN NADAL CHEO DE LIBROS
Temos na Biblioteca unha morea de libros para o tempo de Nadal.
![]() |
| Pincha sobre a imaxe para acceder ás suxestións |
BIBLIOEBA MARÍA WONENBURGER DESÉXAVOS
FELICES FESTAS E
BOA LECTURA !
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
CURSO 15-16,
NADAL
martes, 1 de diciembre de 2015
XOSÉ NEIRA VILAS (1949-2015)
O pasado venres, 27 de decembro, morreu XOSÉ NEIRA VILAS, o autor de Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas.
No verán ando descalzo. O pó dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás duas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos".
Xosé NEIRA VILAS, Memorias dun neno labrego, Edicións Do Castro, 2001
viernes, 27 de noviembre de 2015
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
III Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo bo trato", organizado polo Concello de Culleredo.
Se queredes ver e escoitar os traballos gañadores, podedes facelo en:
BIBLIOEBA COMENTADA
PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4ºESO POLA SÚA PARTICIPACIÓN E O ALTO NIVEL DOS TRABALLOS!
1º premio cuñas radiofónicas: ÉDER VÁZQUEZ E MANUEL EDUARDO SEIJAS.
1º premio vídeos: : HELANA BARREIRO E LUCÍA GARCÍA.
Etiquetas:
CONCURSOS,
CURSO 15-16,
VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
viernes, 6 de noviembre de 2015
CONTOS DE DEFUNTOS EN BIBLIOEBA MARÍA WONENBURGER
O pasado martes, 3 de novembro, o alumnado de 4º ESO do IES Eduardo Blanco Amor, participou na actividade Contos de Defuntos, de Tropa de trapo
O mural da Santa Compaña e a decoración da Biblioteca foron obra do profesorado de Plástica e dun grupo de alumnos de 4ºA.
"O corpo aberto ", "Os catro amigos","Eu vin a Compaña" e o "Romance das silvas" deixáronnos sen alento...ou non, porque risas houbo dabondo.
Gracias, Brais das Hortas. Pasámolo DE MEDO!!!
Etiquetas:
CONTOS,
CURSO 15-16,
DINAMIZACIÓN,
SAMAÍN
miércoles, 28 de octubre de 2015
martes, 29 de septiembre de 2015
Luis Alberto de Cuenca, Premio Nacional de Poesía 2015
Luis Alberto de Cuenca (Madrid, 1950) gañou o Premio Nacional de Poesía polo seu libro Cuaderno de vacaciones (Visor).
Moisés
Dame la mano.
Hay que cruzar el río
para llegar al otro lado, y siento
que las fuerzas me faltan. Cógeme
como si fuera un bulto abandonado
en un cesto de mimbre que se mueve
y que llora a las luces del crepúsculo.
Cruza el río conmigo. Aunque sus aguas
no replieguen su cauce ante nosotros
esta vez. Aunque Dios no nos asista
y una nube de flechas acribille
nuestras espaldas. Aunque no haya río.
para llegar al otro lado, y siento
que las fuerzas me faltan. Cógeme
como si fuera un bulto abandonado
en un cesto de mimbre que se mueve
y que llora a las luces del crepúsculo.
Cruza el río conmigo. Aunque sus aguas
no replieguen su cauce ante nosotros
esta vez. Aunque Dios no nos asista
y una nube de flechas acribille
nuestras espaldas. Aunque no haya río.
Podes acceder desde este ENLACE a unha escolma da súa obra.
Etiquetas:
POESÍA,
PREMIO NACIONAL
lunes, 21 de septiembre de 2015
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2015
IGNACIO MARTÍNEZ DE PISÓN (Zaragoza, 1960) CONSEGUE OPREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2015 COA OBRA:
LA BUENA REPUTACIÓN.
LA BUENA REPUTACIÓN.
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














.jpg)
