Dentro das actividades organizadas pola Biblioteca sobre solidariedade e igualdade, vénnos visitar Óscar Palleiro para falarnos das condicións de vida das mulleres no Sahara, a emigración...... Como podemos contribuír con este proxecto solidario? Regala a túa bicicleta, esa que xa non utilizas. Pensa que con este xesto podes axudar a xente que o necesita. Ánimo e colabora!
lunes, 3 de febrero de 2020
Seguimos falando da emigración
Fálame da emigración. Segunda parte
O pasado xoves, 30 de xaneiro de 2020, tivemos na Biblioteca a segunda parte da actividade "Falemos da emigración". Nesta ocasión foron os nosos rapaces os que investigaron e contaron as historias da emigración das súas familias ou coñecidos.


Etiquetas:
2019-2020,
SOLIDARIEDADE
jueves, 19 de diciembre de 2019
Fálame da emigración
Hoxe, catro persoas viñeron a contarnos a súa historia de vida na emigración.
«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.
A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.
Asistiron os alumnos de 4º C de ESO. Esta actividade forma parte do proxecto de educación na solidariedade promovido pola BIBLIOTECA do IES Blanco Amor
Podedes acceder a máis información na páxina web do Instituto.
Etiquetas:
2019-2020,
SOLIDARIEDADE
Concerto na biblioteca
Hoxe, 19 de decembro, contamos coa actuación do grupo instrumental DIAZEUXIS na biblioteca. Con motivo da celebración de Nadal, o grupo vainos interpretar baixo a dirección de Julián Jesús Pérez:
Huahuanacá (canción de Navidad)
O du fröliche (coral)
Stille Nacht (Noche de Paz)
Intérpretes:
Miguel Armesto, Elena Bao, Iago Bescansa,Inés Canzobre, Sofía Corral,Xabier Guitián,Sarah Iglesias, Eva Lamas, Paula López, Miranda Martínez, Belén Míguez, Tomás Mir, Gorka Moledo, Cristina Orejas, Alicia Ortega, Aroa Parga, María Pérez, Celia Piñeiro, Andrea Ramos, Laura Roca, Paula Rodríguez, Pablo Bao, Iago Bescansa, Raquel Piñeiro, Jorge Pereira, Arón Puga, Noa Insuana, Sara Patiño e María Porto.
,
miércoles, 18 de diciembre de 2019
Exposición STEM
ANÍMATE, VISITA O NOSO EXPOSITOR
CIENTÍFICO (STEM) NA BIBLIOTECA!
Dende esta semana podes ver o
expositor cos últimos libros científicos adquiridos, seguro que
atoparás algún que che guste.
Fomos falar con Ángel Acción, o
organizador de Club de Ciencia, para que nos dera a súa opinión
sobre os libros e o Club.
-Biblioeba: ola, Ángel, podes
contarnos en que consiste o Club?
- Ángel: É un espazo de aprendizaxe
baseado na investigación e traballo co obxectivo de dar resposta a
problemas que nos interesan. É un traballo en equipo.
- Bilioeba: Quen está implicado no
Club?
-Ángel: Pode colaborar calquera
departamento e alumnado posto que os temas e intereses poden ser moi
variados. Actualmente o noso club céntrase na robótica e domótica.
- Biblioeba: Que opinas das novas
adquisicións que fixo a biblioteca?
- Ángel: Están xeniais! Todos estes
libros, ademais de ser divulgativos presentan unha edición moi
atractiva.
Xa sabeches, se queredes pertencer
ao Club de Ciencia, falade con Ángel, el estará encantado de
ofrecervos calquera información. Tamén podes consultar o seu blog,
picando AQUÍ.
Ah, e animádevos a coller un libro
como lectura para este nada….eu xa teño o meu!
Etiquetas:
2019-2020,
ANIMACIÓN Á LECTURA,
STEM
lunes, 16 de diciembre de 2019
jueves, 12 de diciembre de 2019
martes, 10 de diciembre de 2019
lunes, 9 de diciembre de 2019
Preparando o mercadiño solidario
O alumnado do IES EBA organiza na Biblioteca un mercadiño solidario do 9 ao 13 de decembro.
Todos os cartos recaudados irán ás comunidades que elaboran os productos a través da ONG OXFAM INTERMÓN.
ANIMÁDEVOS A COLABORAR!
Ademais, temos unha exposición de libros e películas sobre o valor da solidariedade.
Etiquetas:
2019-2020,
SOLIDARIEDADE
martes, 3 de diciembre de 2019
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)














