viernes, 2 de junio de 2023

Lectura e familias. Última sesión


O próximo 7 de xuño, celebraremos ás 17 horas, na Biblioteca,  a última reunión do programa "Lectura e familias", dedicada á transmisión oral.

Agardámovos!

jueves, 1 de junio de 2023

Libros con dedicatoria. Paula Carballeira

 A escritora, contadora de historias e actriz Paula Carballeira deixounos, cando visitou o noso IES, un exemplar dedicado de A era de Lázaro.





martes, 30 de mayo de 2023

Faladoiros "Orgulloxs""

 

Os xoves de xuño, ás 12:10,  reunirémonos para falar libremente na biblio.

1 de xuño: "Discutindo pronomes"

8 de xuño: "Consentimento e respecto"

15 de xuño: "Sobre as etiquetas"

20 de xuño: Tema libre


VEN Á BIBLIO!




viernes, 26 de mayo de 2023

Libros dedicados. Gómez Cerdá

No 2016, Alfredo Gómez Cerdá presentou o seu libro ao alumnado de terceiro de ESO e deixounos esta dedicatoria.




jueves, 25 de mayo de 2023

Estrea dos novos xogos

 O alumnado de 4ºESO remata a semana das Letras Galegas estreando os novos xogos.



                                            Que bo é aprender xogando!

jueves, 18 de mayo de 2023

Sección de xogos

Estreamos unha nova sección en BIBLIO EBA: Sección de xogos.


Ven xogar con nós!



martes, 16 de mayo de 2023

Libros dedicados. Xurxo Souto

     Xurxo Souto pasou pola nosa biblioteca e             deixounos esta dedicatoria: 




 

Letras galegas


Esta semana, para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 4º de ESO estreará os xogos que acaban de chegar á Biblioteca.

 

jueves, 4 de mayo de 2023

Libros dedicados. Antía Yáñez

 Continuamos mostrando os exemplares da nosa Exposición de libros dedicados.

Antía Yáñez deixounos a súa dedicatoria en Senlleiras.