jueves, 12 de diciembre de 2024

Reunión do Club de lectura de 3º da ESO

Neste primeiro trimestre, o alumnado de 3º da ESO, leu O que sei do silencio de Andrea Maceiras, libro que comentaron durante as reunións dos xoves no segundo recreo.



lunes, 2 de diciembre de 2024

Xuntanza do club de lectura de Bacharelato

 

O pasado 28 de novembro, na primeira xuntanza do Club de Lectura de Bacharelato , comentamos un clásico do xénero das distopías : Fahrenhait 451, de Ray Bradbury.

Sorprendémonos ao comprobara actualidade desta novela, publicada por primeira vez en 1953, na que se fala de queima de libros, de censura, de tecnoloxía, de intelixencia artificial, de relacións humanas... E é  que un clásico é un clásico!



domingo, 1 de diciembre de 2024

Calendario de Advento literario

    Como cada decembro comezamos o noso Calendario de Advento Literario.

Cada día, ata o 25 de decembro, descubriremos unha recomendación literaria.


jueves, 28 de noviembre de 2024

Club de Manga


Os xoves, no primeiro recreo, son as reunións dun dos nosos clubs con máis usuarios,

 o Club de Manga








viernes, 22 de noviembre de 2024

Club de lectura Afectivo-sexual


        Neste curso, a profesora Biblioeba e a profesora de bioloxía Zeltia Torrecilla, puxeron en marcha dous novos clubs de lectura: Afectivo-sexual e Divulgación científica con moi boa aceptación entre o alumnado, sobre todo en 3º da ESO.

Aquí temos os integrantes duha das reunións dos venres, do Club de lectura afectivo-sexual comentando "El semen mola" de Ana Salvia




lunes, 4 de noviembre de 2024

Formación de usuarios


     Como todos os anos, o mes de outubro adicámolo á formación de novos usuarios.

  O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de coñecer  os recursos de Biblioeba organización.

 Dentro das actividades, logo dunha explicación por parte do equipo de Biblioeba, o alumnado realizou unha pequena xincana na que  de buscou exemplares nos estantes,  refixo etiquetas con erros de codificación, que puxo no exemplar correspondente para poder colocalo no estante que lle correspondía.






Semana das Mates

 Esta semana comenza a dinamización científica nos recreos da biblio.

Inauguramos actividade co departamento de Matemáticas.


Mes da ciencia na biblio

 Comenza o mes da ciencia na biblio. Durante todo o mes de novembro, os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual dinamizarán os tempos de lecer. 


jueves, 24 de octubre de 2024

Xincana literaria

 Hoxe é  o día das bibliotecas e para celebralo o equipo de Dinamización da biblioteca, o equipo de Dinamización da lingua galega, os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, Educación Plástica e Educación Física organizamos, outro ano máis, unha xincana literaria con temática de Harry Potter.  Esta xincana ía dirixida a todo o alumnado voluntario da biblioteca e a todos os membros dos clubs de lectura. 

 Dende o equipo de Dinamización da biblioteca queremos dar as grazas ao noso alumnado por estar sempre disposto a participar en todas as actividades que propoñemos e ao profesorado colaborador por facer posible esta xincana.



lunes, 14 de octubre de 2024

Microrrelatos de terror

       Un ano máis , Biblioeba convoca o seu concurso de Microrrelatos de terror

        Infórmate en Biblioeba!