Biblioeba colabora coa IV Feria de Ciencia do IES Eduardo Blanco Amor
que se está a celebrar estes días coincidinco co
Día da Nena e a Muller na Ciencia.
Biblioeba colabora coa IV Feria de Ciencia do IES Eduardo Blanco Amor
que se está a celebrar estes días coincidinco co
Día da Nena e a Muller na Ciencia.
Queres ler un libro e non o temos?
En Biblioeba atendemos as túas suxestións
Como tes que facer?
1. Usando o noso buxón de suxestións.
2. Enviando un correo a biblioeba@gmail.com
3. Usando a opción Suxerencias de compra en
https://iesblancoamorculleredo.edubib.xunta.gal/
(tendes o enlace na sección Catálogo do Blog)
Non te quedes coas ganas !
Durante o primeiro trimestre o alumnado de 1º da ESO estivo traballando para renovar a CDU de Biblioeba .
Para iso, cada grupo realizou o deseño dun tríptico no que aparece a táboa simplificada da CDU para as bibliotecas galegas.
Durante este mes de decembro, o noso Calendario de Advento foi descubrindo unha nova recomendación lectora diaria .
Con todas elas xa descubertas o equipo de dinamización da biblioteca deséxavos unhas moi felices festas cheas de libros, contos e historias!
Este primeiro trimestre estivemos a tope cos Clubs de Lectura....... Estos son algúns dos libros deste 1º trimestre:
1ºda ESO: Lo que encontré bajo el sofá de Eloy Moreno.
2º da ESO : Amigos robots de Isaac Asimov.
3º da ESO: O que sei do silencio de Andrea Maceiras
4º da ESO: Maxina ou a filla espúrea de Marcial Valladares Núñez
No club de inglés de 2º da ESO leron Room 1 e no de 4º da ESO The Inmate.
Esta semana dinamizará os tempos de lecer o Departamento de Matemáticas.
Haberá xogos, torneos, retos.......
Comezamos o mes da ciencia na biblio!
Estade atentos porque habeá actividades do Departamento de Matemáticas
e do Departamento de Bioloxía e xeoloxía no tempo de lecer.