domingo, 25 de diciembre de 2022

Un clásico do Nadal

 



Hoxe propoñémovos a lectura do clásico de Dickens Canto de Nadal traducido ao galego por Carlos Acevedo.

Esta edición de Kalandraca inclúe  ilustracións  de Roberto Innocenti.

Preme na imaxe para saber máis.









sábado, 24 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 24 de decembro

LOUISA MAY ALCOTT: MUJERCITAS

Queremos pechar este Calendario de Advento Literario cunha obra que sempre nos fai pensar no Nadal. 

Acompañade a estas catro irmás no seu paso da adolescencia á madurez durante a Guerra Civil dos Estados Unidos.

Este clásico da Literatura conta con varias versións cinematográficas.



O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN BO NADAL!!!






viernes, 23 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 23 de decembro


Para maiores de 16 anos.

 DOMINGO VILLAR:  A PRAIA DOS AFOGADOS

O corpo dun mariñeiro coas mans atadas ás costas aparece flotando en Panxón. O inspector Leo Caldas deberá resolver un asasinato que está rodeado por numerosas sospeitas, ningunha testemuña e moitos veciños que gardan silencio.







jueves, 22 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 22 de decembro

 

Non recomendada para menores de 16 anos.

NACHO CARRETERP: FARIÑA


Serie e obra de teatro, pero antes que nada, libro. 

Fariña é unha obra indispensable para comprender o narcotráfico en Galicia.




miércoles, 21 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 21 de decembro



TRACY CHEVALIER:  LA JOVEN DE LA PERLA


Ao mirar un cadro nunca pensaches cal sería a historia que está detrás desa obra? Isto é exactamente o que fai Tracy Chevalier nesta estupenda novela histórica que nos transporta ao Delf do século XVII.


Tamén podes achegarte á historia a través da súa versión cinematográfica.









martes, 20 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 20 de decembro

 




ICHIGO TAKANO: ORANGE


Imaxina que recibes unha carta de teu eu futuro dicíndiche que non te fagas amigo do novo alumno que chegará ese día ao instituto ou algo terrible pasará. Que farías?

lunes, 19 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 19 de decembro

 





GONZALO MOURE: ¿POR QUÉ LLORA LA MAESTRA?

Gonzalo Moure ofréceche nesta "carta larga para ti que quieres escribir", unha guía chea de consellos. Unha obra imprescindible para a xente nova (e non tan nova) que quere escribir. 

Gañadora do Concurso de Cosplay

Antes de rematar o trimestre, queremos felicitar a Yurena Ramundo Solar, gañadora do noso Primer Concurso de Cosplay.







domingo, 18 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 18 de decembro

 

MARÍA ORUÑA: EL BOSQUE DE LOS CUATRO VIENTOS



A lenda de nove aneis de bispos con poderes máxicos + un asasinato no mosteiro ourensán de Santo Estevo de Ribas de Sil na nosa época + a filla dun médico na Galicia de principios do século XIX que non está disposta a adaptarse ás convencións sociais = EL BOSQUE DE LOS CUATRO VIENTOS, unha novela que te atrapará dende a primeira páxina.