Durante o mes de outubro estivemos a formar aos novos usuarios de Biblioeba.
O alumnado de primeiro da ESO realizou diferentes actividades para coñecer o funcionamento da biblioteca e os fondos cos que contamos.

Aproveitando a celebración de Samaín queremos lembrarvos que podedes levar a casa a
Mochila viaxeira de Samaín.
Hoxe é o Día das Bibliotecas escolares e , para celebralo, Biblioeba celebrou onte a nosa tradicional Xincana Literaria inspirada en Harry Potter.
Moitas grazas a todos os departamentos que colaboraron con nós!
O martes 1 de outubro comezamos coa Hora de Ler en todos os cursos da ESO.
Consulta o calendario na túa aula!
Esta semana temos a primeira xuntanza do noso querido club de Lectura e Familia.
Disfrutaremos dos reencontros e das novas incorporacións.
Unha parte fundamental de Biblioeba sodes vós,
por iso, se queredes colaborar como voluntarios,
podedes anotarvos na biblioteca .
Este curso seguiremos realizando unha chea de actividades en
Integrarte, o club de arte do IES EBA.
Se o teu é a creatividade e gozar de boa compañía,
ven a Biblioeba e informámosche!