Xa chega o fin de curso e Biblioeba ten unha morea de recomendacións para este verán:
martes, 4 de junio de 2024
martes, 21 de mayo de 2024
Representación de El Retablo de las Maravillas
martes, 14 de mayo de 2024
Obradoiro de papel reciclado
Dentro das actividadaes progamadas para a conmemoración do Día do Libro, o alumndo de 1º de ESO leva a cabo un obradoiro de papel reciclado.
Nesta actividade participan o Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, o Club de Ciencia e o Equipo de Dinamización de BIBLIOEBA.
lunes, 13 de mayo de 2024
Novos xogos en Biblioeba
En Biblioeba, seguimos a incrementar os xogos para tempo de lecer (e aprender):
viernes, 10 de mayo de 2024
Apadriñamento lector
Comezaron cun contacontos sobre Luísa Villalta, a continuación decoraron violíns e, para rematar, visitaron a exposición de libros preparado pola Biblioteca Municipal do Fórum e participaron dos espazos de arte e xogos de Biblioeba.
martes, 7 de mayo de 2024
Última reunión del Club de Lectura de Bachillerato
Hoy nos despedimos del alumnado del Club de Lectura de Bachillerato con un cambio de impresiones sobre la obra de teatro de Juan Mayorga, El chico de la última fila.
lunes, 6 de mayo de 2024
Vicent van Gogh en "Lectura e familias"


jueves, 2 de mayo de 2024
Escarlatina, a cociñeira defunta: Proxecto interdepartamental
O alumnado de 2º de ESO participa nun interesante proxecto a partir da lectura da obra de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta.
Xa teñen elaborados menús en galego, inglés e en francés:
miércoles, 1 de mayo de 2024
Proxecto interdepartamental
O noso alumnado de 21 de ESO traballa os conceptos matemáticos da proporcionalidade e porcentaxe a través de follas de cálculo no marco do noso proxecto máis internacional.


martes, 30 de abril de 2024
Charla con Violeta Meléndez
Sempre é un pracer recibir a súa visita!
miércoles, 24 de abril de 2024
Charla sobre Terraformación de Marte
Moitas grazas, Borja, polo teu tempo e a túa dedicación, e por achegarnos un tema tan interesnate dun xeito tan ameno
martes, 23 de abril de 2024
Día do libro
Este ano, para conmemorar o Día do Libro, BIBLIOEBA convoca
CONCURSO DE REDACCIÓN
Durante os dous recreos, na Biblioteca, poderás escribir un texto de entre 50 e 100 palabras, no que apareza a palabra libro.
Os textos poden estar en galego ou en castelán.
Outorgaranse tres premios (coa colaboración da ANPA) por categorías:
- Primeiro e segundo de ESO
- Terceiro e cuarto de ESO
- Bacharelato
martes, 9 de abril de 2024
martes, 2 de abril de 2024
Día Internacional do Libro Infantil
Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.
E outras nas aliñas dun gran de area.
Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.
E, de cando en vez, incluso nas dos avións.
Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.
Quizais unha historia fantástica?
Ou prefires unha historia triste? De medo?
Unha para rir ás gargalladas?
E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.
Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
martes, 19 de marzo de 2024
Encontro con Nando López
O pasado xoves, o escritor Nando López, achegouse á nosa biblioteca para conversar co alumnado de terceiro de ESO sobre a súa experiencia de escritor e, en concreto, sobre a súa obra teatral Por qué tiene que ser todo tal difícil.
Agradecemos ao autor a súa presenza e cordialidade, e a editorial Santillana a oportunidade de ter este encontro.
martes, 12 de marzo de 2024
Charlas Mes da Muller: María Wonenburger
O pasado 7 de marzo, en dentro do ciclo de charlas do Mes da Muller, o alumnado de 1ºde ESO achegouse á figura da matemática coruñesa, María Wonenburger, grazas ás profesoras Manuela Candal e Marián Montero, as nosas benqueridas compañeiras.
María Wonenburger da nome á nosa biblioteca.
lunes, 11 de marzo de 2024
Lectura e familias con Andrea Maceiras
O pasado 7 de febreiro, Andrea Maceiras participou nas actividades do programa "Lectura e familias".

As familias participantes leron Que me pare o corazón se te esquezo, e tiveron a oportunidade de falar coa recoñecida autora.
Grazas a Antía e a todas as familias que fan posible esta interesantísima actividade.