Sempre é un pracer recibir a súa visita!
Sempre é un pracer recibir a súa visita!
Moitas grazas, Borja, polo teu tempo e a túa dedicación, e por achegarnos un tema tan interesnate dun xeito tan ameno
Este ano, para conmemorar o Día do Libro, BIBLIOEBA convoca
CONCURSO DE REDACCIÓN
Durante os dous recreos, na Biblioteca, poderás escribir un texto de entre 50 e 100 palabras, no que apareza a palabra libro.
Os textos poden estar en galego ou en castelán.
Outorgaranse tres premios (coa colaboración da ANPA) por categorías:
O pasado xoves, o escritor Nando López, achegouse á nosa biblioteca para conversar co alumnado de terceiro de ESO sobre a súa experiencia de escritor e, en concreto, sobre a súa obra teatral Por qué tiene que ser todo tal difícil.
Agradecemos ao autor a súa presenza e cordialidade, e a editorial Santillana a oportunidade de ter este encontro.
O alumnado voluntario de Biblioeba e o participante nos clubs de lectura gozou dunha estupenda viaxe Entre outas cousas, asistiron en Madrid ao musical Mamma mía, visitaron o parque temático Puy de fou e realizaron unha ruta literaria pola cidade de Toledo.
O pasado 7 de marzo, en dentro do ciclo de charlas do Mes da Muller, o alumnado de 1ºde ESO achegouse á figura da matemática coruñesa, María Wonenburger, grazas ás profesoras Manuela Candal e Marián Montero, as nosas benqueridas compañeiras.
María Wonenburger da nome á nosa biblioteca.
O pasado 7 de febreiro, Andrea Maceiras participou nas actividades do programa "Lectura e familias".

As familias participantes leron Que me pare o corazón se te esquezo, e tiveron a oportunidade de falar coa recoñecida autora.
Grazas a Antía e a todas as familias que fan posible esta interesantísima actividade.
Para celebrar o Día do Numero PI (14 de marzo):
Un curso máis, Biblioeba convoca o CONCURSO DE ESOPÍAS para todo o alumnado matriculado en primeiro de ESO.
Todos os traballos deben ser orixinais e inéditos.
E non vos esquezades de indicar o voso nome e curso.