Imos chegando ao Nadal e xa quedan poucas ventás por abrir.
Seguimos coas nosas recomendacións:
Santo Amaro, de Antonio M. Fraga, narra as relacións de un grupo de rapaces que rematan segundo de bacharelato durante o seu derradeiro verán xuntos. (Recomendado a partir de 4ºESO)
Con Las Sufragistas, de Emmeline Pankhurst, descubrirás a loita do movemento sufraxista no Reino Unido, da man dunha das súas representantes. (Recomendado a partir de 4ºESO)
Que podemos dicir do clásico Charlie e a fábrica de chocolate, de Roald Dahl. Unha lectura que nunca decepciona.
Unha xoia da literatura anglosaxona é Jane Eyre, de Charlotte Brontë. Relata a vida dunha orfa na Inglaterra do século XIX .
Los surcos del azar, de Paco Roca, rememora como un grupo de supervivintes de republicanos españois acabaron liberando París en 1944. (Recomendado a partir de 4ºESO)
Con Todo Mortadelo e Filemón, queremos renderlle homenaxe a Ibáñez, que sempre foi capaz de facernos rir a gargalladas.
VEN Á BIBLO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario