martes, 5 de diciembre de 2023

Calendario de Advento

 Xa levamos cinco días de recomendacións lectoras co noso Calendario de Advento, e como veñen días de ponte, abrimos tamén as próximas ventás:



Con Dime qué comes y te diré qué bacterias tienes, de Blanca García-Orca Haro, descubrirás como coidar a túa microbiota intestinal, porque as bacterias do noso intestino afectan á nosa conducta e poden previr ou provocar enfermidades.

A Inmoral doutora Cons, de Roberto Fernández Álvarez, está recomendada a partir de 4º de ESO. A Doutora África Cons cobre unha vacante na Galicia rural de 1940, e deberá facer fronte a tradicións fortemente arraigadas e a situacións non sempre agradables.

Con La chica invisible o exitoso Blue Jeans iniciou unha serie de thriller xuvenil cheo de misterios e xiros inesperados. Recomendado a partir de 4º de ESO.


Herartstopper 1. Dos chicos juntos, de Alice Oseman, narra unha preciosa  historia amor entre dous rapaces que te enganchará dende a primeira páxina.

A evolución de Calpurnia Tate, de Jackqueline Kelly, conta a historia dunha nena de case dez anos no seo dunha familia nunha pequena vila de Texas. Investigando e facendo ensaios, achegarase á figura e aos decubrimentos de Charles Darwin.



En La Guerra Civil contada a los jóvenes, Arturo Pérez- Reverte achega aos máis novos este episodio da recente historia de España.

En O home que matou a Antía Morgade,  de Arantza Portabales, terán que enfrontarse a un novo crime sucedio en Santiago de Compostela en xuño de 2021.  Recomendado a partir de 4º de ESO.

Ollos de auga foi a novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Recomendado a partir de 4º de ESO.

Asesinato en el Orient Express é un dos clásicos de Agatha Christie. Unha víctima, doce sospeitosos e a mente privilexiada de Hercules Poirot en busca da verdade.

Suzanne Collins ofrécenos en Bálada de pájaron cantores e serpientes a precuela da famosísima saga Los juegos de hambre.



Ven á BIBLIOEBA!



No hay comentarios: