Continuamos coas recomendacións de lecturas do noso Calendario de Advento.
1984, de George Orwell. Imaxina que o estado vixía todo o que fas e case o que pensas, que o único momento en que estás a salvo é cando durmes ...ou tal vez tampouco. Publicada en 1949 como unha novela de ciencia-ficción, é considerada hoxe unha das críticas máis feroces aos totalitarismos. Recomendada a partir de 4º ESO.
Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, é una noveliña breve moitas veces recomendada xa neste blog. Unha historia de amizade, de superación persoal e moito máis. Recomendada a partir de 1º ESO.
Ven á BIBLIO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario