domingo, 22 de junio de 2008

Europa contada a los jóvenes

Jacques le Goff. Europa contada a los jóvenes.

¿Qué significa ser europeo?. Este libro puede ayudarte a descubrirlo.

El mundo de Sofía

Jostein Gaarder. El mundo de Sofía

Non te deixes impresionar polo volumen do libro.
En realidade é un fascinante manual sobre as figuras clave na filosofía e no pensamento social pero contado dunha forma divertida. Déixate arrastrar coma a protagonista ata descubrir o que se atopa máis alo da inmediatez do que nos rodea.

Juan Salvador gaviota


Richard Bach. Juan Salvador Gaviota

A través desta fábula podemos coñecer unha gaivota que se atreveu a soñar. Interesáballe ser ela mesma, vivir intensamente, potenciar os seus talentos e posibilidades. ¿Recórdache a alguen?

Política para Amador

Fernando Savater. Política para Amador

Se xa liches Étca para Amador, podes acercarte a este outro libro do mesmo autor. É un bó complemento. A Ética céntrase máis na visión da persoa como individualidade, a Política nos brinda a visión da persoa como ser social e a súa vida en comunidade. Por ser un libro posterior ten como marco a Ética e fai referencia continua a ese texto.

Los años del miedo


Juan Eslava Galán. Los años del miedo

A través das vidas das persoaxes, o autor reconstrúe a vida en España durante os anos da posguerra.

Ética para Amador



Fernando Savater. Ética para Amador

Este libro é un ensaio escrito en 1991 polo filósofo Fernando Savater para o seu fillo Amador. Trata sobre a ética, a moral e a filosofía da vida a través da historia. Non te preocupes, non é un tostón que se vos trata de vender desde o club de lectura. Está escrito cunha linguaxe clara e entretida especialmente para os adolescentes.

Sadako quiere vivir



Karl Bruckner. Sadako quiere vivir.

Sadako é unha nena xaponesa que vive en Hiroshima, cidade sobre a que se lanza a primeira bomba atómica. Descubrirás a través do libro a vida desta cidade en plena II Guerra Mundial e o que sucedeu despois de que a bomba atómica arrasara a cidade.

Quattrocento



Susana Fortes. Quattrocento

Susana Fortes nos relata nesta novela , con gran riqueza documental, unha conxura moi coñecida contra os Médicis na Florencia do Renacemento.

La Comunera



Toti Martínes de Leza. La comunera

Toti Martinez de Leza nos relata nesta novela a historia dunha muller, María Pacheco, esquecida pola historia, pero que acabou liderando a revolta das Comunidades de Castela fronte a Carlos I.

Un espía llamado Sara



Bernardo Atxaga. Un espía llamado Sara.

Tras a morte de Fernando VII, a súa filla Isabel é nomeada raíña, e inmediatamente don Carlos, o irmán do finado rei Fernando, reclama o seu dereito ao trono. Transcurre o ano 1834 e Martín Saldaña é Sara, un voluntario carlista ás ordes do xeneral Zumalacarregui. Neste contexto desenvólvese a intriga onde ninguén é quen parece.

lunes, 3 de marzo de 2008

Anel de Liberdade

Escribe a túa valoración dos libros que les, pode axudar a os teus compañeiros a elexir.