miércoles, 24 de febrero de 2010

PARA DISFRUTAR LENDO. ANTOLOXÍA DO CONTO POPULAR GALEGO


Antoloxía do conto popular galego
Barrio, Maruxa
Harguindey, Henrique
Editorial Galaxia. Colección: antoloxías (252 páxinas)
Unha selección dos mellores contos creados pola cultura popular galega.
Contos de animais, contos realistas e de burla e contos de tema marabilloso fan que este libro sexa unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo. Fala a literatura coinciden e son manifestación dun pobo que se conta a si mesmo, que se retrata con humor, que se achega ao mundo coa sabedoría cultivada e transmitida de xeración en xeración.

lunes, 22 de febrero de 2010

CADA LECTURA É UNHA AVENTURA. 8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA (pincha quí)



No estudo realizado por Isabel Álvarez González e publicado baixo o título "As orixes e a celebración do Día Internacional da Muller, 1910-1945 (KRK-Edicións, Oviedo, 1999), o incendio que se vincula coa data do Día da Muller Traballadora, data que non foi -así aparece na anterior cronoloxía- o 8 de marzo senón o 25 de marzo de 1911, poucos días antes da celebración do primeiro Día Internacional da Muller, na empresa Triangle Shirtwaist.

A manifestación á que moitas veces se fai referencia, non ocorreu no 8 de marzo de 1908 nin de 1857, como ás veces se sinala, senón o 27 de setembro de 1909; a partir de novembro de 1908 segundo outras fontes, no marco dunha folga de máis de trece semanas dos empregados e empregadas do sector téxtil realizaron no East Side de Nova York. Participaron máis de 20.000 obreiros, na súa inmensa maioría mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataques, detencións (máis de 600), despedimentos... pero conseguiron as peticións reclamadas. O 8 de marzo de 1909 convocouse unha manifestación esixindo, de novo, melloras de condicións para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto das mulleres.


Na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que se celebrou en Copenhaguen en 1910, Clara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, propuxo a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, baseada na celebración que nos EE.UU. se realizaba dende 1908 como Women's Day co ánimo de reivindicar o sufraxio feminino. Este chamamento foi seguido en Alemaña, Suecia, Austria e Finlandia.

Os acontecementos de 1917 en Rusia nesa data, e que foron parte dos movementos que converxeron na Revolución de Outubro, contribuíron a afianzar esta celebración.

"Foi polo medio do traballo como a muller puido equipararse coa distancia que a separaba do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa".
Simone de Beauvoir.