A Biblioteca María Wonenburger do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo
CONVOCA O:
I CONCURSO DE RELATO CURTO
BASES
Poderá
participar todo o alumnado matriculado no IES Eduardo Blanco Amor
no curso 2013/2014. Cada concursante poderá presentar ata dous
relatos.
O tema
será libre e poderá estar escrito en calquera das linguas
impartidas no IES.
A
extensión máxima do relato será aproximadamente de 400 palabras.
Os
traballos, nos que deben figurar o nome do autor e o curso e grupo
ao que pertence, poderán ser presentados por correo electrónico no
enderezo biblioeba@gmail.com
(indicando no asunto “concurso de relatos”) ou, en papel, na
propia biblioteca.
A data
límite de entrega será o 10 de marzo de 2014.
Haberá dúas
modalidades con tres premios para cada unha:
1º e 2º ESO
3º e 4º ESO
O xurado
estará formado polo Equipo da Biblioteca.
Premios:
1º
clasificado: diploma, memoria USB e lote de libros.
2º
clasificado: diploma e lote de libros.
3º
clasificado: diploma e lote de libros.
Coincidindo
co Día do Libro (23 de abril) seleccionarase entre todos os relatos
premiados un gañador absoluto do I Concurso de Relato Curto
Biblioeba, que recibirá un premio especial.
O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para
distinguir a obra de autor español escrita en cualquera das linguas
oficias de Estado e editada en 2012.