martes, 28 de febrero de 2023

Segunda sesión de Lectura e familias




O mércores, 1 de marzo, teremos a segunda sesión de "Lectura e familias".

Toño Villaverde compartirá con nós "Orientacións para aprender a través da banda deseñada. O exemplo do manga".

Temos moitas ganas de afondar no mundo do cómic, da novela gráfica e do manga!

jueves, 23 de febrero de 2023

jueves, 16 de febrero de 2023

Charla sobre María Wonerburger

 


Segunda charla sobre mulleres destacadas.

Esta vez contamos coa presencia de dúas profesoras moi queridas no noso IES, Manuela Candal e Marián Montero. Elas achegarán ao alumnado de 2ºESO a figura da matemática que da nome á nosa biblioteca, María Wonenburger.

martes, 14 de febrero de 2023

Mes da muller no IESEBA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o nos centro está levando a cabo a súa I Feira de Ciencia.



Unha das actividades desenvolvidas foi a carla "Conócelas",  organizada polo departamento de Bioloxía en colaboración coa Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer  (ASEICA).
A charla foi impartida por Andrea Estrella Arias, investigadora predoutoral do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela.

viernes, 10 de febrero de 2023

Día da muller e da nena ciencia

 


Coincidindo co Día da Muller  e da Nena na Ciencia, celebramos no IES a I Feira de Ciencia.


martes, 7 de febrero de 2023

Novidades febreiro

 


  WOLFGANG HERRNDORF: GOODBYE   BERLÍN

   Dous marxinados, un coche roubado e un verán que cambiará a súas vidas.




CHERRY CHIC: CUANDO EL CIELO SE ROMPA Y CAIGAN LAS ESTRELLAS  E CUANDO ACABE EL INVIERNO Y VOLVAMOS A VOLAR.

O falecemento dun ser querido leva ás protagonistas a comezar unha nova vida noutro país.




PASCU E RODRI: DESTRIPANDO LA HISTORIA
Os personaxes máis famosos da historia presentados da forma máis orixinal e divertida.

  



VICENT CUCARELLA: ECONOMÍA PARA UN FUTURO SOSTENIBLE

Un libro no que se abordan conceptos básicos de economía e temas de gran actualidade:  ecoloxía, sostenibilidade enerxética, reparto do traballo...

EDMUND CONWAY: 50 COSAS QUE HAY QUE SABER SOBRE ECONOMÍA

Ideas básicas de economía en 50 pequenos ensaios.





lunes, 6 de febrero de 2023

Mes da Muller no IESEBA



Dentro das actividades programadas para este mes de febreiro, Mes da Muller no IESEBA, contamos cunha serie de  charlas impartidas por mulleres expertas en distintos eidos.

Comezamos con FRAN VILARIÑO: Xefa de obra e coordinadora de seguridade e saúde.


jueves, 2 de febrero de 2023

Primeira sesión de Lectura e familia


Onte, na bibliteca tivemos a primeira sesión do obradoiro "Lectura e familia", impartido por Sonia Hermida Galán

                        





Compartíronse gustos lectores  e despois, partindo de A guerra dos mundos, de H. G. Wells, os participantes, por grupos, decidiron que tres libros merecerían ser salvados nunha apocalipse.


                



                 


                    


Un auténtico pracer pasar a tarde debatindo sobre libros.
Moitas grazas ás familias participantes!