miércoles, 27 de octubre de 2021

Una novela de Agatha Christie: Los cuatro grandes

Noa Fraga, del Club de lectura de tercero de ESO, nos habla de  esta novela en la que Hercules Poirot se enfrenta a unos criminales fuera de lo común, Los cuatro grandes


"Li Chang Yen, el número uno; el número dos, representado por el signo del dólar; la número tres, una

famosa científica francesa; y el número cuatro, el destructor", escribe Noa en su reseña. 

¿Podrá el famoso detective  con los cuatro malvados?

Noa te  recomienda "mucho"  el libro "si te gusta el crimen y la investigación". 

Noa Fraga, Noa Portos y Airas
 hablando de las novelas de Agatha Christie




lunes, 25 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se sumaron o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade.



O noso alumnado dos clubs de lectura de terceiro de ESO e primeiro de bacharelato celebra este día lendo a Emilia Pardo Bazán e Agatha Christie. 



 Foron convidados a un "bocata" de tortilla porque non só nos alimentamos de libros.
 😉 Bo proveito!!!


miércoles, 20 de octubre de 2021

Clubs manga

 

Este ano a biblioteca contará con 3 clubs de lectura de manga!!!

Dividiranse por niveis (1º, 2º e 3º ESO) e comezarán en novembro.

Pronto teremos a primeira reunión. Estade atentos á megafonía.


Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

lunes, 18 de octubre de 2021

Concurso de microrrelatos de terror

 

A BIBLIOTECA MARÍA WONENBURGER DO IESEBA CONVOCA


CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


Un microrrelato é un texto moi breve onde se conta unha historia que busca sorprender ao lector.

A biblioteca convoca este concurso coincidindo coa celebración do Samaín.

BASES

  • Poderá participar todo a alumnado matriculado este curso no IESEBA.

  • Os microrrelatos terán una extensión máxima de 150 palabras.

  • Poderán estar escritos en calquera das linguas que se ensinan no noso Centro.

  • Os textos serán redactados na biblioteca o xoves, 28 de outubro durante os dous recreos.

  • O modelo para a redacción dos microrrelatos será entregado aos participantes na propia biblioteca o mesmo día do concurso.


MODALIDADES

  • Poderase participar en tres modalidades:

    • Alumnado de primeiro e segundo da ESO.

    • Alumnado de terceiro e cuarto da ESO.

    • Alumnado de bacharelato.


PREMIOS

Os autores dos relatos gañadores recibirán agasallos sorpresa, que serán entregados o xoves, 4 de novembro, no primeiro recreo, na biblioteca.

miércoles, 13 de octubre de 2021

Agatha Christie no club de lectura de terceiro de ESO

O pasado venres, 8 de outubro, o alumnado do club de lectura de 3º ESO, participou nunha sesión de achegamento á figura de Agatha Chiristie, na biblioteca.



Cada un dos participantes, lerá unha obra da escritora como actividade deste mes.

Esta é a presentación  que ilustrou a sesión na Biblioteca:

Esta actividade  encádrase nos actos conmemorativos do Día das Escritoras, iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España.
Para saber máis sobre esta data, accede a este ENLACE DAS BIBLIOTECA ESCOLARES DE GALICIA