miércoles, 17 de marzo de 2010

MIGUEL DELIBES SETIÉN



Dende o blogue da biblioeba queremos lembrar e este grande escritor de lingua castelá que faleceu o día 12 de marzo de 2010.

INFORMARSE EN:
 http://www.catedramdelibes.com/archivos/000011.html

sábado, 13 de marzo de 2010

PARA A TERRA: TRES DÍAS DE MARZO (21, 22 23)

21 DE MARZO DÍA FORESTAL MUNDIAL

En 1971 os estados membros da FAO , aceptaron a celebración do Día Forestal Mundial o día 21 de marzo, primeiro día de outono no hemisferio sur e primeiro día de primavera no hemisferio norte, para poder imprimirlle un carácter simultáneo en todo o mundo.

22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidade coas recomendacións da Conferencia da Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos de Auga Doce) da Axenda 21.

23 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

Este día celébrase para conmemorar a firma, en 1950, do convenio de creación da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), como organismo de Nacións Unidas para asegurar a cooperación internacional en materia meteorolóxica.

FUNDACIÓN-BIODIVERSIDAD

miércoles, 10 de marzo de 2010

martes, 9 de marzo de 2010

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

O único que queda é o amor é un dos libros máis premiados e recoñecidos dos publicados en Galicia durante os últimos anos. Reeditado en cinco ocasións, con anterioridade a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, recibiu o Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, o Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007, o Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato), o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 .