viernes, 28 de abril de 2023

Acto solidario

O pasado venres celebrouse no Auditorio Gustav Mahler de Culleredo o acto solidario a favor do proxecto Bubisher

Preme na imaxe para ter máis información: 







Foi un éxito rotundo.






Gracias aos organizadores, aos artistas e a todo o público asistente.


jueves, 27 de abril de 2023

Libros que deixan pegada

 

O alumnado de 1º ESO dos grupos B e E xa compartiron con nós as súas lecturas. 



lunes, 24 de abril de 2023

Concurso de booktuber



 I CONCURSO DE BOOKTUBER BIBLIOEBA

BIBLIOEBA convoca o I CONCURSO DE BOOKTUBER

Trátase dunha actividade de fomento da lectura que consiste na realización dun vídeo orixinal no que se faga un comentario dun libro.








  • Poderá participar todo o alumnado no IES EBA.

  • O vídeo, que poderá ser en galego, castelán inglés ou francés, terá unha duración máxima de 3 minutos.

  • Se algunha parte do contido (imaxes, música, textos…) non son de creación orixinal, os seus autores deben figurar nos créditos.

  • Os traballos serán enviados ao correo biblioeba@gmail.com. No asunto debe aparecer "Concurso booktuber". No corpo do correo escribiranse o nome, apelidos e curso do autor ou autora.

  • Prazo de presentación: entre o 23 de abril, “Día do libro”, e o 17 de maio, “Día das Letras Galegas”.


CATEGORÍAS

  • Establécense dúas categorías:

    • Primeira categoría: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

    • Segunda categoría: alumnado de 4º de ESO e de bacharelato.


PREMIOS

Otorgarase un premio ao mellor traballo de cada categoría. 




domingo, 23 de abril de 2023

martes, 18 de abril de 2023

Libros que deixan pegada

Estamos xa a preparar a celebración do Día Mundial do Libro .
Este curso  propoñémosvos que compartades con todos os membros da comunidade educativa eses libros que son importantes para vós.




miércoles, 12 de abril de 2023

Lectura e familias con Violeta Meléndrez

Hoxe tivemos a terceira sesión do programa "Lectura e familias". Esta xuntanza estivo adicada á presenza do galego nas redes, e contamos coa presenza de Violeta Meléndrez (@littera_lupa).


Foi unha tarde estupenda falando de literatura e ademais coñecimos bookstagrammer que teñen contas en galego.

martes, 11 de abril de 2023

Terceira sesión de Lectura e familias


     O mércores, 12 de abril, terá lugar a terceira sesión de         "Lectura e familias".

    Será ás 17 horas na Biblioteca. 

    Violeta Melédez Doval, estudiante de Filoloxía na                Universidade da Coruña en bookstagramer,  falará sobre       "Os   libros e as redes"-