viernes, 23 de junio de 2023

Último faladoiro OrgullosXs

O pasado martes reunímonos na biblioteca no derradeiro faladoiro deste curso. 

Retomamos alguns temas que quedaran a medio falar nas xuntanzas anteriores e coincidimos todXs en que temos que continuar o próximo curso.



Grazas a todxs por esta magnífica experiencia e ata o próximo curso!

lunes, 19 de junio de 2023

Este verán, le


 

 






















Booktubers gañadores

 Os traballos gañadores do noso Concurso de booktubers son: 

Abe Torrado Gestal, de 4ºESO B.

Nuria Taibo, de 4º ESO D

Javier Álvarez, de 1º ESO B









    Parabéns e grazas pola vosa                 participación!

martes, 13 de junio de 2023

Esopías premiadas

 Xa coñecemos os traballos premiados no Concurso de ESOPÍAS deste curso.

PREMIOS ESOPÍAS ILUSTRADAS

   

 Javier Álvarez, 1º ESO B



   Antón Rivas 1º ESO C




    Amanda de la Fuente 1ºESO E













PREMIOS ESOPÍAS SEN ILUSTRACIÓN








Moitas grazas a todos os participantes e parabéns aos gañadores!


Segundo faladoiro: Consentimento e respecto

 O pasado xoves e, no segundo recreo, falamos ORGULLOSXS de "Consentimento e respecto".

Non esquezas que este xoves continuamos. 
O tema de partida é "Sobre as etiquetas".

Se aínda non viñeches a un dos nosos faladorios, anímate este xoves!
A túa opinión é importante para nós.












jueves, 8 de junio de 2023

Lectura e familias. Transmisión oral

Onte celebrouse na Biblioteca a derradeira xuntanza do programa "Lectura e familias". A sesión centrouse na transmisión oral, entrevistas e booktubers.

Como sempre, foi un auténtico pracer poder compartir a tarde coas familias participantes.




lunes, 5 de junio de 2023

Continuamos cos nosos libros dedicados.

Andrea Maceiras deixounos esta preciosa dedicatoria  na súa novela Nubes de evolución.





viernes, 2 de junio de 2023

Faladoiro: Discutindo pronomes

O pasado xoves, reunímonos na Biblioteca no primeiro dos "faladoiros orgullosxs". 

O tema incial era "Discutindo pronomes". Despois dunha introdución feita por  alumnxs de 3ºESO, mantivemos unha animada e interesantísima charla.



O próximo xoves, 8 de xuño, falaremos de "Consentimento e respecto" e de todo o que xurda.


Ven á Biblio!



Lectura e familias. Última sesión


O próximo 7 de xuño, celebraremos ás 17 horas, na Biblioteca,  a última reunión do programa "Lectura e familias", dedicada á transmisión oral.

Agardámovos!

jueves, 1 de junio de 2023

Libros con dedicatoria. Paula Carballeira

 A escritora, contadora de historias e actriz Paula Carballeira deixounos, cando visitou o noso IES, un exemplar dedicado de A era de Lázaro.