miércoles, 20 de diciembre de 2023

Gañadores do Concurso de Micorrelatos de Terror

 


Xa coñecemos os relatos gañadores do noso concurso de Samaín.

A participación foi extraordinaria e  nivel dos traballos,  espectacular.

Parabéns a todos os participantes e especialmente aos gañadores!

RELATOS GAÑADORES

1ºESO:

Mi hermano un día me dijo: "Río para no llorar y lloro para no reír". Unos días más tarde, nuestro padre falleció y en el funeral, mi hermana comenzó a llorar.

2ºESO:

Estou escondido co meu gato nun armario. Sei que aquel home que rompeu a ventá está cerca. Escoito o cruxir das contiguas escaleiras que levan ao segundo. Os sons son cada vez máis fortes, ata que escoito a porta da miña habitación abrir. O entorno é moi tenso. O meu gato non se move e os pasos  detéñense. Consigo apreciar a súa respiración a través da porta e ocorre un silencio que sente eterno...ata que o intruso di: "Sei que estás aí".

3ºESO:

Un día me estaba vistiendo como todos los días y, al acabar, me miré en el espejo para ver cómo me quedaba la ropa. De repente, detrás de mí aparece el payaso It.

¡Qué lástima, con lo guapa que estaba!

4ºESO

Se despertó y no estaba. La encontró caminado, tan guapa como siempre, en su nuevo hogar, frío y oscuro. Vivir en el cementerio era difícil.

BACHARELATO

Conversaciones taciturnas

No consigo dormirme. Siento frío, como si una gélida ventisca se filtrase bajo las sábanas del camastro. Inmediatamente después, huelo el hedor. El orden nunca cambia. Primero, frío y, luego, plor a putrefacción, a carne descompuesta. Olor a muerto. Esta vez no quiero esperar a los susurros o a los agarrones en los tobillos. La sombra proyectada en la puerta me da miedo, así que prendo la vela de la mesita. Al hacerlo, siempre se marcha. Seguidamente, me levanto y camino hacia el pasillo. La puerta chirría con estrépito, pero da igual: no hay nadie en casa, solo mi madre. No, no hay nadie más en casa. "¿Con quién habla, madre?", le pregunto. Está sentada junto a la cama de Juan. No puedo ver su rostro, pero es ella. No puede ser nadir más. "Con tu hermano, Beatriz", responde. "Madre, Juan murió hace seis años". Pero no solo Juan.



martes, 19 de diciembre de 2023

Derradeira semana antes do Nadal

 


Imos chegando ao Nadal e xa quedan poucas ventás por abrir. 

Seguimos coas nosas recomendacións:

Santo Amaro, de Antonio M. Fraga, narra as relacións de un grupo de rapaces que rematan segundo de bacharelato durante o seu derradeiro verán xuntos. (Recomendado a partir de 4ºESO)

Con Las Sufragistas, de Emmeline Pankhurst, descubrirás a loita do movemento sufraxista no Reino Unido, da man dunha das súas representantes. (Recomendado a partir de 4ºESO)

Que podemos dicir do clásico Charlie e a fábrica de chocolate, de Roald Dahl. Unha lectura que nunca decepciona.

Unha xoia da literatura anglosaxona é Jane Eyre, de Charlotte Brontë. Relata a vida dunha orfa na Inglaterra do século XIX . 

Los surcos del azar, de Paco Roca, rememora como un grupo de supervivintes de republicanos españois acabaron liberando París en 1944. (Recomendado a partir de 4ºESO)

Con Todo Mortadelo e Filemón, queremos renderlle homenaxe a Ibáñez, que sempre foi capaz de facernos rir a gargalladas.

VEN Á BIBLO!







martes, 12 de diciembre de 2023

Seguimos co Calendario de Advento

 


Continuamos coas recomendacións de lecturas do noso Calendario de Advento.


1984, de George Orwell. Imaxina que o estado vixía todo o que fas e case o que pensas, que o único momento en que estás a salvo é cando durmes ...ou tal vez tampouco. Publicada en 1949 como unha novela de ciencia-ficción, é considerada hoxe unha das críticas máis feroces aos totalitarismos. Recomendada a partir de 4º ESO.

Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, é una noveliña breve moitas veces recomendada xa neste blog. Unha historia de amizade, de superación persoal e moito máis. Recomendada a partir de 1º ESO. 


Ven á BIBLIO!

martes, 5 de diciembre de 2023

Calendario de Advento

 Xa levamos cinco días de recomendacións lectoras co noso Calendario de Advento, e como veñen días de ponte, abrimos tamén as próximas ventás:



Con Dime qué comes y te diré qué bacterias tienes, de Blanca García-Orca Haro, descubrirás como coidar a túa microbiota intestinal, porque as bacterias do noso intestino afectan á nosa conducta e poden previr ou provocar enfermidades.

A Inmoral doutora Cons, de Roberto Fernández Álvarez, está recomendada a partir de 4º de ESO. A Doutora África Cons cobre unha vacante na Galicia rural de 1940, e deberá facer fronte a tradicións fortemente arraigadas e a situacións non sempre agradables.

Con La chica invisible o exitoso Blue Jeans iniciou unha serie de thriller xuvenil cheo de misterios e xiros inesperados. Recomendado a partir de 4º de ESO.


Herartstopper 1. Dos chicos juntos, de Alice Oseman, narra unha preciosa  historia amor entre dous rapaces que te enganchará dende a primeira páxina.

A evolución de Calpurnia Tate, de Jackqueline Kelly, conta a historia dunha nena de case dez anos no seo dunha familia nunha pequena vila de Texas. Investigando e facendo ensaios, achegarase á figura e aos decubrimentos de Charles Darwin.



En La Guerra Civil contada a los jóvenes, Arturo Pérez- Reverte achega aos máis novos este episodio da recente historia de España.

En O home que matou a Antía Morgade,  de Arantza Portabales, terán que enfrontarse a un novo crime sucedio en Santiago de Compostela en xuño de 2021.  Recomendado a partir de 4º de ESO.

Ollos de auga foi a novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Recomendado a partir de 4º de ESO.

Asesinato en el Orient Express é un dos clásicos de Agatha Christie. Unha víctima, doce sospeitosos e a mente privilexiada de Hercules Poirot en busca da verdade.

Suzanne Collins ofrécenos en Bálada de pájaron cantores e serpientes a precuela da famosísima saga Los juegos de hambre.



Ven á BIBLIOEBA!



jueves, 30 de noviembre de 2023

Calendario de Advento en Biblioeba

 Mañá comeza decembro e un ano máis Biblioeba ten un lote de recomendacións para vós.


Cada día abriremos una ventá do noso Calendario de Advento Literario. 

Hai lecturas para todos os gustos e idades.

Ven á Biblio!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

Mochilas ciéntificas no Mes da Ciencia

Se o teu é a ciencia, temos preparadas na Biblioteca, dúas mochilas de temática científica para conmemorar o Mes da Ciencia.

Mochila científica
Mochila matemática



Vén á Biblio!



lunes, 27 de noviembre de 2023

Recollida solidaria de alimentos

Un ano máis, o noso IES colabora coa campaña do Banco de Alimentos Rías Altas. Ata o 8 de decembro, podedes deixar a vosa aportación na mesa situada na entrada do Centro. 




martes, 21 de noviembre de 2023

Biblioeba nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

O pasado sábado, 18 de novembro, oo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca asistiu, un ano máis, ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Nesta ocasión, a nosa coordinadora compartiu a experiencia de Lectura e familias que desenvolvimos o curso pasado. 



Aproveitamos para agradecer a todas as familias participantes, porque sen elas non tería sido posible.

lunes, 20 de noviembre de 2023

Semana pola eliminación da violencia de xénero


Durante esta semana, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 


Cada día, no timbre do IESEBA, escoitaremos unha canción denuncia. As cancións teñen letras nas distintas linguas que se estudan no noso centro.
Ademáis, o alumnado de 4ºESO de Educación Plástica e Visual realizou cartéis conmemorativos.









lunes, 13 de noviembre de 2023

Mochila viaxeira de Samaín

 Xa temos preparada a nosa primeira mochila viaxeira. 

Se che gustan as hitorias de medo, esta mochila é para ti: 


VEN Á BIBLIO!


viernes, 10 de noviembre de 2023

Obradoiro de banda deseñada

A nosa biblioteca está chea de actividades. Achégate e participa: 

Nos recreos dos xoves, podes vir crear a a túa banda deseñada. 











jueves, 2 de noviembre de 2023

Mochilas viaxeiras

 Presentámosvos as nosas mochilas viaxeiras temáticas cheas de lecturas para toda a familia.

Ven á biblio!

martes, 31 de octubre de 2023

Samaín en Biblioeba

 Remata outubro coa biblioteca chea de recomendacións terroríficas. 



Pronto coñeceremos os traballos premiados no noso Concurso de Microrrelatos. 
O prazo de entrega remata hoxe e xa temos unha participación de record. 



lunes, 30 de octubre de 2023

Lecturas terroríficas

 Estas son as recomendacións de lecturas terroríficas do alumnado de 1ºESO.

LECTURAS TERRORÍFICAS

> A actividade realizouse durante as sesións de Reforzo de Lingua que se imparte na biblioteca.

martes, 24 de octubre de 2023

Xincana en Biblioeba


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha divertidísima xincana de temática Harry Potter.

Unha actividade organizada polo equipo de Biblioeba para todo o alumnado que colaborou o curso pasado como voluntariado e que participou nas actividades dos clubs de lectura.







miércoles, 18 de octubre de 2023

Concurso de Microrrelatos de Terror

 Con motivo da celebración do Samaín, BIBLIOEBA convoca un Concurso de Microrrelatos. 



Ide pensando unha historia terrorífica e animádevos a participar.

Durante os próximos días, ven á biblioteca nos  recreos e escribe o túa terrorífica historia.

Seica  tes medo?


martes, 17 de octubre de 2023

17 de outubro: Día das escritoras

 Neste día dedicado ás escritoras, lembramos a dúas delas que pasaron pola nosa biblioetaca e nos deixaron un exemplar asinado: 

Andrea Maceiras. PREME NESTE ENLACE


Antía Yáñez: PREME NESTE ENLACE