jueves, 31 de marzo de 2022

Alma de tigre, de Elefante elegante


Esta semana o alumnado de terceiro e cuarto de ESO e primeiro de bacharelato asistiu á representación de Alma de tigre, da compañía Elefante elegante.

Alma de tigre é un espectáculo que transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo.


Ao finalizar a representación, actores e director charlaron co público sobre o significado desta ensoñación revelada a partir da historia de tres irmáns.

Alumnado de cuarto de ESO no coloquio posterior á representación



miércoles, 30 de marzo de 2022

Solidariedade con Ucraína

Como sabedes, unha liña de identidade do noso IES é a soliedariedade. Nestes terribles tempos de guerra, grazas pola vosa colaboración coas xentes de Ucraína.




lunes, 28 de marzo de 2022

domingo, 27 de marzo de 2022

Día Mundial do Teatro

Coincidindo co Día Mundial do Teatro, propoñemos a lectura de dous textos de José Luis Alonso de Santos:



Para alumnado de 1º e 2º de ESO:

Besos para la Bella durmiente.

Unha curiosa e divertida versión do conto tradicional.



Para lectores a partir de 3º de ESO:

La estanquera de Vallecas

Un atraco a un estanco provoca situacións de gran comicidade cun fondo tráxico.



martes, 22 de marzo de 2022

Hamnet, de Maggie O´Farrell

A pasada semana o profesorado do club de lectura falou de Hamnet, a xa famosísima novela da escritora irlandesa Maggie O´Farrell.


A novela, inspirada libremente na vida da familia de Shakespeare, trata temas tan universalmente humanos como  as relacións familiares, o amor ou a perda dos seres queridos.

Cun delicadísimo e lírico estilo, O´Farrell narra as peripecias vitais destas personaxes que non nos deixan indiferentes.

Unha lectura moi recomendable.













lunes, 21 de marzo de 2022

Día da poesía



Hoxe, Día Mundial da Poesía, confirmamos a triste vixencia destes versos de Miguel Hernández, que non precisan comentario.


Tristes guerras


si no es amor la empresa.

Tristes. Tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.

Tristes. Tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.

Tristes. Tristes.


Porque a poesía sexa "un arma cargada de futuro".


lunes, 14 de marzo de 2022

Concurso de Poesía

 O departamento de Lingua Castelá e Literatura convoca a segunda edición do Concurso de Poesía coincidindo coa celebración, o 21 de marzo, do Día Mundial da Poesía.

Consulta as bases premendo na imaxe.



Esopías 2022

 

Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


CONCURSO DE ESOPÍAS 2022

IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)


Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.

  • Os participantes poderán presentar unha esopía inédita en galego ou en castelán (ou unha en cada lingua) segundo a guía que proporcionará a profesora.

  • A esopía terá un mínimo de oito palabras.

  • Os traballos serán presentados á profesora correspondente e enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2022” co nome e apelidos do alumno, e grupo ao que pertence.

  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

  • O prazo de entrega remata o 31 de marzo de 2022.

  • A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié.


APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS

  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.

  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

  • Os traballos serán presentados á profesora correspondente.

  • O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2022.


NESTE ENLACE PODES VER OS TRABALLOS PREMIADOS NAS CONVOCATORIAS ANTERIORES.


miércoles, 9 de marzo de 2022

Día da Muller. Exposición (2)

 

Nestes libros podes encontrar as vidas de mulleres valentes e extraordinarias.



martes, 8 de marzo de 2022

Día da Muller. Exposición (1)

 

Hoxe, 8 de marzo, podedes ver en Biblioeba unha exposición de libros de temática feminista.


Estes son algúns dos libros que podedes escoller para ler este mes: 

Revisa a vida das mulleres a través dos séculos e dos continentes.


Mulleres na ciencia e no deporte:

Lectura para todas as idades.

Mulleres que len e que escriben: 

A partir de 3º de ESO