martes, 24 de octubre de 2017

Preparando o Samaín. CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS

A biblioteca do IES Eduardo Blanco Amor organiza un Concurso de cabazas decoradas.

Trae a túa cabaza decorada á biblioteca e poderás gañar un premio de infarto.
Deixa a túa cabaza no primerio recreo do luns 30 de outubro na biblioteca.



BASES
A BIBLIOTECA 
COA COLABORACIÓN DA ANPA ORGANIZA

CONCURSO DE CABAZAS

1º OBXECTIVOS
No noso ánimo está potenciar, animar e dinamizar este espazo de coñecemento que conforma a Biblioteca traballando este tema pertencente a nosa cultura popular que é o samaín, especialmente a parte correspondente á creatividade, imaxinación e o emprego de técnicas adecuadas á consecución da obra artística.
Queremos amosar as capacidades artísticas dos nosos alumnos e fomentar o traballo de información e documentación propios dunha biblioteca entendida como espazo cultural.

2º PARTICIPANTES
Poden concorrer a este concurso todas as personas matriculadas no IES que o desexen, sen outra limitación que a aceptación das bases. Haberá unha única categoría.

3º INSCRIPCIÓN, REQUISITOS, RECEPCIÓN E IDENTIFICACIÓN
Non haberá inscripción previa, os alumnos presentarán a súa cabaza na Biblioteca antes do primeiro recreo do día 30 de octubro para preparar a exposición. Irá identificada na parte inferior por medio dun papel pegado onde conste o nome completo e o curso do autor. Na recepción asignaráselle un código de identificación para facilitar o anonimato no proceso de votación.
Cada alumno pode presentar unha única cabaza debidamente tallada e decorada con motivos terroríficos. A técnica, os materiais e o tamaño son libres, lóxicamente deberán estar relacionados con este tema.

4º EXPOSICIÓN
As cabazas participantes estarán expostas durante os días 30 e 31 de outono na Biblioteca. A exposición estará aberta durante todo o horario escolar, pode ser visitada por calquera membro do colectivo escolar (alumnos, profesores, pais, personal non docente).
A exposición desmantélase á deradeira hora do día 31, as obras pódense recoller durante ese período de tempo.

5º PREMIOS
Entregaranse tres premios (cheques regalo) aos traballos mais votados.
Terase en conta a orixinalidade, a dificultade, a simpatía e a laboriosidade das obras na súa valoración.

6º XURADO
Estará composto por membros da ANPA, profesorado, persoal non docente e alumnos do Centro.
Emitirá o seu fallo, inapelable, o día 2 de novembro, posteriormente entregaranse os premios na propia Biblioteca en horario a definir.

7º PUBLICACIÓN
Os autores das obras aceptan a divulación das mesmas por calquera medio.

8º ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación dos traballos a este concurso supón o recoñecemento e a conformidade das presentes bases. Sobre posibles extremos non previstos das mesmas os organizadores poderán tomar as decisións que estimen oportunas.

Comisión da Biblioteca
IES Eduardo Blanco Amor
Outubro de 2017