jueves, 30 de noviembre de 2023

Calendario de Advento en Biblioeba

 Mañá comeza decembro e un ano máis Biblioeba ten un lote de recomendacións para vós.


Cada día abriremos una ventá do noso Calendario de Advento Literario. 

Hai lecturas para todos os gustos e idades.

Ven á Biblio!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

Mochilas ciéntificas no Mes da Ciencia

Se o teu é a ciencia, temos preparadas na Biblioteca, dúas mochilas de temática científica para conmemorar o Mes da Ciencia.

Mochila científica
Mochila matemática



Vén á Biblio!



lunes, 27 de noviembre de 2023

Recollida solidaria de alimentos

Un ano máis, o noso IES colabora coa campaña do Banco de Alimentos Rías Altas. Ata o 8 de decembro, podedes deixar a vosa aportación na mesa situada na entrada do Centro. 




martes, 21 de noviembre de 2023

Biblioeba nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

O pasado sábado, 18 de novembro, oo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca asistiu, un ano máis, ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Nesta ocasión, a nosa coordinadora compartiu a experiencia de Lectura e familias que desenvolvimos o curso pasado. 



Aproveitamos para agradecer a todas as familias participantes, porque sen elas non tería sido posible.

lunes, 20 de noviembre de 2023

Semana pola eliminación da violencia de xénero


Durante esta semana, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 


Cada día, no timbre do IESEBA, escoitaremos unha canción denuncia. As cancións teñen letras nas distintas linguas que se estudan no noso centro.
Ademáis, o alumnado de 4ºESO de Educación Plástica e Visual realizou cartéis conmemorativos.









lunes, 13 de noviembre de 2023

Mochila viaxeira de Samaín

 Xa temos preparada a nosa primeira mochila viaxeira. 

Se che gustan as hitorias de medo, esta mochila é para ti: 


VEN Á BIBLIO!


viernes, 10 de noviembre de 2023

Obradoiro de banda deseñada

A nosa biblioteca está chea de actividades. Achégate e participa: 

Nos recreos dos xoves, podes vir crear a a túa banda deseñada. 











jueves, 2 de noviembre de 2023

Mochilas viaxeiras

 Presentámosvos as nosas mochilas viaxeiras temáticas cheas de lecturas para toda a familia.

Ven á biblio!