jueves, 19 de diciembre de 2019

Fálame da emigración


Hoxe, catro persoas viñeron a contarnos a súa historia de vida na emigración.
«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.
A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.
Asistiron os alumnos de 4º C de ESO. Esta actividade forma parte do proxecto de educación na solidariedade promovido pola BIBLIOTECA do IES Blanco Amor






Podedes acceder a máis información na páxina web do Instituto.











Concerto na biblioteca


Hoxe, 19 de decembro, contamos coa actuación do grupo instrumental DIAZEUXIS na biblioteca. Con motivo da celebración de Nadal, o grupo vainos interpretar baixo a dirección de Julián Jesús Pérez:
Naohiko Terashima -Akai Hana (canción japonesa)
Huahuanacá (canción de Navidad)
O du fröliche (coral)
Stille Nacht (Noche de Paz)





Intérpretes:
Miguel Armesto, Elena Bao, Iago Bescansa,Inés Canzobre, Sofía Corral,Xabier Guitián,Sarah Iglesias, Eva Lamas, Paula López, Miranda Martínez, Belén Míguez, Tomás Mir, Gorka Moledo, Cristina Orejas, Alicia Ortega, Aroa Parga, María Pérez, Celia Piñeiro, Andrea Ramos, Laura Roca, Paula Rodríguez, Pablo Bao, Iago Bescansa, Raquel Piñeiro, Jorge Pereira, Arón Puga, Noa Insuana, Sara Patiño e María Porto.

,

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Exposición STEM

ANÍMATE, VISITA O NOSO EXPOSITOR CIENTÍFICO (STEM) NA BIBLIOTECA!


Dende esta semana podes ver o expositor cos últimos libros científicos adquiridos, seguro que atoparás algún que che guste.


Fomos falar con Ángel Acción, o organizador de Club de Ciencia, para que nos dera a súa opinión sobre os libros e o Club.
-Biblioeba: ola, Ángel, podes contarnos en que consiste o Club?
- Ángel: É un espazo de aprendizaxe baseado na investigación e traballo co obxectivo de dar resposta a problemas que nos interesan. É un traballo en equipo.
- Bilioeba: Quen está implicado no Club?
-Ángel: Pode colaborar calquera departamento e alumnado posto que os temas e intereses poden ser moi variados. Actualmente o noso club céntrase na robótica e domótica.
- Biblioeba: Que opinas das novas adquisicións que fixo a biblioteca?
- Ángel: Están xeniais! Todos estes libros, ademais de ser divulgativos presentan unha edición moi atractiva.

Xa sabeches, se queredes pertencer ao Club de Ciencia, falade con Ángel, el estará encantado de ofrecervos calquera información. Tamén podes consultar o seu blog, picando AQUÍ.

Ah, e animádevos a coller un libro como lectura para este nada….eu xa teño o meu!

lunes, 16 de diciembre de 2019

Ciencia e tecnoloxía para rematar o ano

Nesta derradeira semana do ano en BIBLIOEBA , temos unha exposición de libros de temática científica, grazas á aportación dos fondos STEM.




Escolle o que máis che apeteza e lévao a casa no Nadal.

jueves, 12 de diciembre de 2019

Decembro en Biblio Eba


Lembrade que é tempo de solidariedade en BIBLIO EBA.
Libros, películas...

... e agasallos.



martes, 10 de diciembre de 2019

Xa está en marcha o mercadiño solidario


Mirade que cousas tan boas para os agasallos de Nadal. 



lunes, 9 de diciembre de 2019

Preparando o mercadiño solidario


O alumnado do IES EBA organiza na Biblioteca un mercadiño solidario do 9 ao 13 de decembro.




Todos os cartos recaudados irán ás comunidades que elaboran os productos a través da ONG OXFAM INTERMÓN.

ANIMÁDEVOS A COLABORAR!
Ademais, temos unha exposición de libros e películas sobre o valor da solidariedade.





martes, 3 de diciembre de 2019

Nova visita ao Centro de Día


Así de contentos estaban os integrantes do Club de Lectura antes de saír para o Centro de Maiores de O Burgo. Sabían o ben que o ían pasar.


miércoles, 27 de noviembre de 2019

Voluntarios do Banco de Alimentos


O pasado sabado 23 de novembro, un grupo de alumnos do IES EBA colaborou na campaña de  recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de A Coruña.




Que orgullo contar cun alumnado tan solidario!

lunes, 25 de noviembre de 2019

Pola eliminación da violencia contra as mulleres


(...) Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria ni he
soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Solo  cantos de
independencia y libertad han balbucido mis labios aunque alededor
hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían
aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los
grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas;
como los árboles en el desierto y el pirata en el mar.
Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se
alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, soberbio como Luzbel y
dulce como un esperanza.
Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o
quieren marcar mi frente con una mancha de oprobio, yo me río
como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más
grande
que su inquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero
no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual
a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne.
(…)

ROSALÍA DE CASTRO: Lieders

Pola eliminación da violencia contra as mulleres


 Amor mío

Antonia buena chica ingresó ya cadáver.
Carmen muy educada vaqueros blusa beis
y Raquel silenciosa es el amor.
Amor de amoratarse amor que es amoldar
y amancillar.
Amor de amenazar amor de amurallar
amor de amartillar
y de amasijo.
Amor de amortajar.
Rosa Lola María
Inés Luisa mi amor.
Compañero mi amigo
mi enemigo.
Rafael veinte años arma blanca su novia en una calle.
José Pablo dos hijos divorciado
y Raúl empresario gran sonrisa el amor.
Es el amor que amengua que amuralla
que amortece y amarra.
Amor de amuñecar amor que es amputar
amor de amilanar
y de ambulancia.
Amor de amordazar.
Manuel Félix Cristóbal
Jaime Isidro mi amor.
Mi señora mi dueña
mi rehén.
Amo mío mi amor.
El anillo no sabe no sabía.
El anillo.
El cuchillo.
Juana Castro


jueves, 21 de noviembre de 2019

Voluntariado en Biblioeba


A Biblioteca ofrece ao alumnado a posibilidade de participar na xestión de préstamos e na
dinamización como colaboradores nos recreos.

Se estades interesados, recollede o impreso que tendes que cubrir na propia Biblioteca.

Se o número de solicitudes é maior que o de prazas, haberá unha lista de suplentes para ocupar as vacantes que poidan quedar ao longo do curso.
Terá prioridade o alumnado que xa participa noutras actividades da Biblioteca.

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Visita ao Centro de maiores

                                          SEGUIMOS COA SOLIDARIEDADE!



Este luns, 18 de novembro, os integrantes do Club de Lectura visitamos por segunda vez o centro de día de maiores O Burgo. A charla foi animada e instrutiva. Foi unha experiencia tan entretida e enriquecedora que o tempo se nos pasou voando. Volveremos!

lunes, 11 de noviembre de 2019

Concurso de logos do Club de lectura



O Club de lectura convoca un concurso de logos para escoller a imaxe que o representará en todos os seus documentos.
Consulta  as bases e anímate a participar.




viernes, 8 de noviembre de 2019

Xornadas de formación de usuarios



A próxima semana teremos na biblioteca as sesións de acollida dos novos usuarios: o alumnado de primeiro de ESO.

Xa preparamos una selección de libros e películas para que se animen a estrear os carnés.






BENVIDOS

lunes, 4 de noviembre de 2019

Solidariedade, solidariedade, solidariedade!!!






 Charla sobre salvamento marítimo no mediterráneo


  O luns 14 de outubro tivemos o pracer de ter con nós a Guillermo, que nos contou a súa experiencia persoal no rescate de pateras no Mediterráneo. A súa charla non só se centrou na inmigración ilegal, africana senón que tamén se trataron temas como os medios de comunicación, as ONGs, a política migratoria...

viernes, 25 de octubre de 2019

Unha biblioteca activa é unha biblioteca viva!



Este curso a maior parte das actividades réxense baixo o lema de "solidariedade". As actividades serán variadas e sempre pensando no noso alumnado:
cociña económica
                        visita padre Rubinos,
operación quilo
               mercadillo solidario
                     charlas de doazón de sangue e órganos, charlas sobre salvamento
 marítimo no mediterráneo,
                                        participación no programa prensa-                                           escuela da Voz de Galicia,                                                        exposición de libros e películas co tema da solidariedade e educación en                                             valores......  

Presentando o Club de lectura


Celebramos xa a primeira sesión do Club de lectura coa proposta de O neno co pixama a raias, de John BOYNE



Todo un éxito!
Moitas grazas a todos por participar.

Accede dende AQUÍ ás primeiras páxinas da novela.


jueves, 24 de octubre de 2019

martes, 15 de octubre de 2019

Benvidos


Damos a benvida á nosa Biblioteca a todo o noso alumnado e profesorado, en especial, aos novos membros da nosa comunidade.


 Bo curso e boa lectura!

miércoles, 10 de abril de 2019

Sesións de animación á lectura


Nestes días de actividades, o departamento de Lingua Castelá e Literatura e a Biblioteca organizaron, para o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de ESO, sesións de animación á lectura. 

A actriz Olga Cuervo compartiu  algunhas das súas experiencias coa literatura e co mundo da interpretación. Ademais contou contos e repasou o contido da novela de Laura Gallego, Finis mundi (lectura obrigatoria en 3º ESO). 
Grazas ás editoriais Vicens Vives e SM pola súa colaboración.





lunes, 8 de abril de 2019

O neno can, de Fina Casalderrey y Fran Castro

Resultado de imagen de o neno canEl pasado lunes, 25 de marzo, en nuestra reunión del club de lectura, trabajamos con un nuevo libro:  O neno can de Fina Casalderrey y Fran Castro. Este libro, editado por Galaxia en el año 2012, está incluido en la lista de Honor de Documentación para Niños con Dificultades Especiales del Centro IBBY, lista de libros destacados por su tratamiento de la discapacidad.

A través de las historias que aparecen en O Neno Can, se reflejan varios de los derechos fundamentales de los niños que cada día se ven vulnerados en diferentes partes del mundo, incluido nuestro país. Este libro se ha editado en colaboración con UNICEF por lo que la editorial Galaxia donará parte de los beneficios de la venta del libro a esta entidad.


O neno can contiene cinco relatos protagonizados por niños y niñas en situaciones de marginalidad. Cada relato va precedido de un artículo de la Declaración Universal de los Derechos del Niño y se cierra con la cita de un intelectual, que enmarca el sentido de cada relato.



martes, 12 de marzo de 2019

Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas

Nova proposta de lectura para o noso club.
Aquí tendes un pouco de información.


lunes, 4 de febrero de 2019

Reunión del Club de lectura

Nesta nova reunión do Club de lectura, estrenamos o novo "recuncho informal" da nosa Biblioteca.




Rematada a lectura e posta en común de La lectora de libros, comezaremos unha nova aventura coa autora Ledicia Costas e a súa Escarlatina, a cociñeira defunta.














jueves, 17 de enero de 2019




 Onte o alumnado de 1ª de bacharelato asistiu á conferencia de María Solar sobre o seu último libro publicado, "Os nenos da varíola". O libro baséase nun feito histórico poco coñecido pero moi importante. Por un lado, supuxo o fin desta terrible enfermidade e por outro, vemos a importante contribución que fixo Galicia para acadar este éxito. Interesante, amena, didáctica...... así foi a conferencia de María Solar.
Un libro moi recomendable e que podedes atopar na nosa biblioteca.

miércoles, 16 de enero de 2019

Algo está cambiando en Biblio EBA

Xa coñecedes ao novo hóspede? Parece que chegou para quedar.