domingo, 14 de marzo de 2021

CONCURSO DE ESOPÍAS

A Biblioteca e os departamentos de Matemáticas, de linguas  e de Plástica convocan o 

CONCURSO DE ESOPÍAS 2021

Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


BASES


  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.

  •  O contido da esopía terá que ter relación co tema da PANDEMIA.

  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.

  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.

  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2021”.

  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

  • O prazo de entrega remata o 30 de abril de 2021.

  • A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié.

APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS


  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.

  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.


PLANTILLA

Escribe a túa esopía nun comentario a esta entrada indicando o teu nome e curso/grupo.


miércoles, 10 de marzo de 2021

Postal de San Valentín

 Compartimos con vós esta postal de San Valentín que presentou  Carla Beiras de 1º ESO C. 

Valoramos a creación artística e o plurilingüismo. O AMOR e amor en todas as linguas.


Parabéns, Carla!