lunes, 9 de marzo de 2020

CONCURSO DÍA DA MULLER (1)



Con motivo do Día da Muller, durante o mes de marzo, cada luns publicarase no blog da biblioteca unha entrada cun cuestionario con preguntas sobre un libro situado na mesa de exposición. As respostas están nese libro que podes consultar na biblioteca.

Para participar, debes entrar no blog da biblioteca (Concurso Día da Muller) e contestar nun comentario na entrada correspondente. Os comentarios ábrense o luns e péchanse o venres de cada semana.

Os participantes que completen correctamente os tres cuestionarios, recibirán un agasallo.



O LIBRO DA SEMANA


Añadir leyenda

IGNOTOFSKY, Rachel: Mujeres en el deporte. 50 intrépidas deportistas que jugaron para ganar, Nórdica, 2018.


ENLACE ao cuestionario

Busca as respostas no libro e responde nun comentario a esta mesma entrada. 
Escribe o número da pregunta e a resposta. Non esquezas idenficarte:  nome, apelidos e curso. 


lunes, 2 de marzo de 2020

Preparando o 8 de marzo

Para conmemorar o Día da Muller, comezamos o mes cunha exposición de libros sobre mulleres que destacaron en distintos ámbitos das artes, da literatura, da ciencia... 



Non esquezas pasarte por Biblio EBA!