martes, 21 de marzo de 2023

Día da Poesía. Concurso de poemas

 O Departamento de Lingua Castelá e Literatura convocca, coincidindo co Día da Poesía, un concurso de textos poéticos.

  • Poderá participar todo alumnado do Instituto.
  • Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos.
  • Os poemas estarán escritos en castelá.
  • As obras deberán presentarse de forma anónima, baixo seudónimo, nun sobre pechado no que se indicará a categoría na que se concursa. Dentro deste sobre, irá outro no que aparecerán nome e apelidos, curso e grupo, e título do poema.
  • O sobre depositarase na Biblioteca nunha caixa habilitada para tal fin.



miércoles, 15 de marzo de 2023

Última charla do Mes da Muller

 


Última charla da actividade Mes da Muller en Biblio EBA.

A profesora do noso instituto, Vanesa Rial, xogadora olímpica de rugby; e Helena Roca,  ámbalas dúas vinculadas ao CRAT, conversaron co alumnado de primeiro de ESO.


Moitas grazas ás dúas por compartir a vosa experiencia!


martes, 14 de marzo de 2023

Día de π . Concurso de esopías

Hoxe, 14 de marzo (3/14 na notación das datas empregada en Estados Unidos)  celébrase o Día de π. 


Pi é una letra do alfabeto grego que, en matemáticas, designa a relación entre a  lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro.


Para celebrar esta data, a biblioteca convoca, como sabedes, un Concurso de ESOPÍAS no que pode participar todo o alumnado de 1º de ESO.  CONSULTADE A INFORMACIÓN NESTE ENLACE .

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) convoca tamén un concurso de ESOPÍAS no que pode participar todo o alumnado.




Consultade as bases neste ENLACE ou premendo na imaxe do logo de AGAPEMA. 
Tende en conta que o prazo de entrega remata o 18 de marzo.







jueves, 9 de marzo de 2023

Exposición de libros para conmemorar o 8M

Estes días temos na biblioteca unha exposición de libros relacionados coa celebración do Día de Muller.

Libros que tratan de mulleres, libros escritos por mulleres, libros de temática feminista.

Estes son algúns dos títulos seleccionados:








miércoles, 8 de marzo de 2023

8 M. Obradoiros de flores e bolboretas

 Celebrados con gran éxito os obradoiros para festexar o Día da Muller en Biblio Eba.

Cartel final dos obradoiros

Moitas grazas por participar!

martes, 7 de marzo de 2023

Terceira charla do ciclo "Mes da Muller"

 


Terceira charla do ciclo de actividades para conmemorar o Mes da Muller na biblioteca.

O mércores, 8 de marzo, Paula Prado, química e directora técnica de LIGAL, e Noemí Porto, arquitecta e directora do departamento técnico de YDC, compartirán as súas experiencias co alumnado de 4º de ESO.

Segundo obradoiro 8M









jueves, 2 de marzo de 2023

Lectura e familias con Toño Vilaverde

Onte tivemos a segunda sesión do programa Lectura e familias: Orientacións para aprender a través da banda deseñada. O exemplo do manga.

O obradoiro, impartido por Toño Vilaverde, permitiunos descubrir o manga ou afondar no noso coñecemento sobre o tema. 



Moitas grazas a Toño por compartir con nós os seus amplos coñecementos e moitas grazas ás familias por participar.

A seguinte xuntanza será despois de Semana Santa.