miércoles, 24 de abril de 2024

Charla sobre Terraformación de Marte

O pasado 22 de abril,  o alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e CUCI asistiu a unha charla sobre a Terraformación de Marte, impartida por Borja Tosar.


Moitas grazas, Borja, polo teu tempo e a túa dedicación, e por achegarnos un tema tan interesnate dun xeito tan ameno

martes, 23 de abril de 2024

Día do libro

 Este ano, para conmemorar o Día do Libro, BIBLIOEBA convoca 

CONCURSO DE REDACCIÓN

Durante os dous recreos, na Biblioteca, poderás escribir un texto de entre 50 e 100 palabras, no que apareza a palabra libro.

Os textos poden estar en galego ou en castelán.



Outorgaranse tres premios (coa colaboración da ANPA) por categorías:

  • Primeiro e segundo de ESO
  • Terceiro e cuarto de ESO
  • Bacharelato
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


Ademáis, coincidindo con esta celebración, o alumnado de 3ºESO pertencente ao Club de Lectura, terá a oportunidade de charlar con Violeta Meléndez Doval sobre o galego nas redes.



martes, 9 de abril de 2024

Abril: Mes do libro

 

PREME NAS IMAXES PARA VELAS MELLOR











martes, 2 de abril de 2024

Día Internacional do Libro Infantil

 

Como en anos anteriores, hoxe, 2 de abril, conmemoramos o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen, co obxectivo de promocionar 
os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 


Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
 
 
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.

E outras nas aliñas dun gran de area.

Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.

E, de cando en vez, incluso nas dos avións.

Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.

Quizais unha historia fantástica?

Ou prefires unha historia triste? De medo?

Unha para rir ás gargalladas?

E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.

Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado. 


A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.