viernes, 24 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 24 de decembro

Día 24:  NADAL!!!


 Yotsuba
, de Kiyoiko Azuma


Necesitas levantarte o ánimo ou simplemente queres rir ás gargalladas… Presentámosche a Yotsuba! Unha nena adoptada de 5 anos que se acaba de mudar a cidade. Todo é novo para ela… incluído o parque…






Moitas grazas a Sarah, a profesora impulsora deste calendario de recomendacións.
Esperamos que teñades atopado un libro que ler ou que regalar.

BIBLIOEBA DESÉXAVOS:
BOAS LECTURAS E BOAS FESTAS!!!

jueves, 23 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 23 de decembro

Día 23: 

En castelán, El nombre del viento,  ou en galego, O nome do vento , esta novela consagrou ao seu autor, Patrik Rothfuss como fenómeno editorial dos últimos anos.

Esta saga de fantasía épica narra a historia dun estudiante arcanista e a súa viaxe ata convertirse nun músico, nun aventurero, nun asasino… nunha lenda!


miércoles, 22 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 22 de decembro

 Día 22:




El Club de las Canguro, de Ann M. Martin

A segunda tempada do Club de las Canguro fixósete moi curta? Non te da chegado à hora de ver a terceira? Non desesperes!!




Escolle entre o libro e a novela gráfica e goza das historias de Kristy, Mary Anne, Stacey e Claudia.



martes, 21 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 21 de decembro


Día 21: 

Magalina y el bosque de los animales mágicos, de Sylvia Douye y Paola Antista


Hoxe proponémosche unha novela gráfica na que se mezclan a maxia, os animais fantásticos e os misterios: están a desaparecer rapaces na escola de maxia e Magalina cre ser a principal sospeitosa.


lunes, 20 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 20 de decembro

 Día 20: 


Hola, mundo, ¿cómo estás?
. de Toby Little


Que che parecería escribirlle unha carta a descoñecidos de diferentes partes do Mundo e que ele

s contestaran? Neste libro podes ler algunha das respostas que recibiu Toby. Dato curioso: Toby só tiña 5 anos cando se embarcou neste apaixonante proxecto.

Calendario de Advento

 Xa quedan poucas xanelas por descubrir: 



domingo, 19 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 19 de decembro

Día 19: 


El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes


Esta obra está recomendada a partir de 4º da ESO.


España, verán de 1947. O protagonista, fillo de garda civil, xúrase a sí mesmo que non seguirá os pasos do seu pai. Mentras, le novelas de aventuras e comprende unha verdade que ninguén lle revelara.


Coa recomendación desta novela, obra de lectura obrigatoria de Lingua Castelá e Literatura en segundo de bacharelato, queremos homenaxear á autora, recentementa falecida.

Na biblioteca temos moitos libros dela.




 

sábado, 18 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 18 de decembro

Día 18: 

Sherlock, Lupin y yo , de Irene Adler


  1. Collemos un icono da literatura inglesa : Sherlock holmes.


  2. Engadímoslle un chisco dunha personaxe emblemática da literatura francesa: Arsène Lupin.

  3. Mesturamos.

  4. Dámoslle unha volta...

  5. Et voilà! Temos unha serie de novelas de misterio: Sherlock, Lupin y yo.


(Receita de Irene Adler)

viernes, 17 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 17 de decembro

Día 17: 

Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa (autora)  e Alba Barreiro (ilustradora)



Aine ten 9 anos cando nunha exposición descobre a Ziggy Stardust. Un estrano arreguizo percorreulle o corpo cando se fixou na súa roupa, non podía saber se era un homme ou unha muller. Alí decidiu que de maior quería ser como Ziggy, un músico que podía ser todo o que lle dese a gana.


Operación Quilo

Un decembro máis acabamos con moito éxito a nosa campaña de recollida de alimentos para a Cociña económica.



Grazas a todos os que colaboráchedes e parabéns a Flor, a profesora responsable.

A solidariedade é parte de identidade do IES EBA.


Charla sobre cine


O mércores, 15 de decembro, o alumnado de 1º de bacharelato asistiu ao obradoiro "A evolución do papel da muller no cine", impartido polo especialista en Historia e Cine Antonio Brea Ramos.

jueves, 16 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 16 de decembro


Día 16:  




De René Goscinny e Jean-Yves Ferri, 
unha nova aventura de Asterix: 

ASTÉRIX E O GRIFFON


Embárcate con Astérix e Obélix nunha nova aventura nos confíns do mundo

coñecido e descobre unha criatura mitolóxica metade águia, metade león.

E para os máis valentes propoñémosvos lelo en francés!



miércoles, 15 de diciembre de 2021

15 de decembro: Día do Otaku

 


Calendario de Advento: 15 de decembro


Diario de Anna Frank


Le de primeira man a terrible situación que de miles de persoas durante a ocupación nazi. Ana relata como ela, a súa familia e uns coñecidos tiveron que agocharse durante dous anos nun edificio abandonado para tentar sobrevivir ao exterminio nazi. 

Así mesmo, a Anne Frank House está a recrear a súa vida cunha serie de videoblogs.


https://www.youtube.com/watch?v=sk1PjGRaGac


martes, 14 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 14 de decembro

Día 14: 


El Círculo del Crepúsculo
, de Ralf Isau

Unha sociedade secreta: O círculo do crepúsculo.

Un plan: Acabar coa humanidade e crear unha nova estirpe.

Unha data: 1 de xaneiro de 1900.

Un nome: David Camden.

Un destino: Salvar á humanidade mediante poderes extraordinarios.


lunes, 13 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 13 de decembro

Día 13



 The promises neverland


Esta obra está recomendada a partir de 4º da ESO.

No orfanato Grace Field House a vida é marabillosa. A coidadora ten conta dos orfos como se fosen os seus fillos. Os rapaces medran felices. Reciben unha boa educación, unha alimentación equilibrada, xogan horas ao aire libre, quérense entre eles coma a irmáns … e de cando en vez algún ten a sorte de ser adoptado!

Tanta perfección non te escama?


domingo, 12 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 12 de decembro

Día 12


Cando petan na porta pola noite
, de Xabier P. Docampo


Lobisomes, mortos que regresan, néboa, tradición… estes 4 contos lembran aquelas historias que de seguro oíches algunha vez ao carón dunha cheminea.


sábado, 11 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 11 de decembro

Día 11: 

Filosofía en la calle, de Eduardo Infante



Esta obra está recomendada a partir de 4º da ESO.


Mentir é malo? Deberías decir sempre a verdade? Con este #FiloReto comenza unha obra que trata diferentes aspectos da vida cotidiá a través da filosofía.


viernes, 10 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 10 de decembro

 Día 10: 


Los escarabajos vuelan al atardece
r, de Maria Gripe

David, Annika e Jonás coidan as plantas dunha mansión durante o verán. Espéranlles unhas vacacións moooi aburridas! Ou tal vez non… As follas dunha planta que crecen cara as escaleiras e a desaparición dunha estatua exipcia poden cambiar as cousas.

Todo un clásico da literatura xuvenil,

jueves, 9 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 9 de decembro

Día 9: 


La fórmula preferida del profesor
, de Yoko Ogawa


Un profesor de matemáticas ao que lle falla a memoria (só lle dura 80 minutos), unha nai solteira que traballa para el e un neno de 10 anos son os elementos desta historia entrañable.


miércoles, 8 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 8 de decembro

Día 8:


Senlleiras,
de Antía Yáñez Rodríguez

Esta obra está recomendada para maiores de 16 anos.

Que terán en común Alda, unha influencer que aparece morta na súa bañeira e Alana, obligada a casarse cun home ao que non ama?

 

martes, 7 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 7 de decembro

Día 7:  

LAS HERMANAS GRÉMILLET, de Barbucci di Gregorio



O sono de Sarah:  “Se repite cada noche… el bosque siempre es el mismo pero cada vez se vuelve ligeramente diferente… floto entre los árboles, sin peso… es como si estuviera debajo del agua… también están las medusas… y nosotras tres que las seguimos…”. Acompaña a Sarah, Casiopea e Lucille e axúdalles a resolver os misterios da súa familia.

lunes, 6 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 6 de decembro

 Día 6: 

O CORAZÓN DE XÚPITER, de Ledicia Costas



A Isla cústalle adaptarse ao novo insti… menos mal que existen os chats de astronomía! Alí coñece a Xúpiter. Con el si que se pode falar! Enténdea á perfección! De seguido xurde unha gran amizade que non tardará en ser algo máis. 

Por fin deciden coñecerse en persoa. Que tal será a súa primeira cita?


domingo, 5 de diciembre de 2021

Calendaraio de Advento. 5 de decembro

Día 5:  


ATELIER OF WITCH HAT, de Kamome Shirahama.


Esta obra é unha delicia visual. A autora que colaborou con Marvel e DC coida a estética en cada unha das súas viñetas. A obra narra as peripecias dunha non maga que intenta convertirse en feiticeira.


sábado, 4 de diciembre de 2021

Calendario de Advento: 4 de decembro

 Día 4: 



MI HERMANO PERSIGUE DINOSAURIOS
, de Giacomo Mazzariol


Nesta novela Giacomo retrata de forma autobiográfica como é ter un irmán con síndrome de Down. Unha obra intimista, tenra e con toques cómicos.


viernes, 3 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 3 de decembro

Día 3: 



ENOLA HOLMES
, de Nancy Springer


Seguro que xa viches a película, agora goza do inxenio da pequena dos Holmes mentres resolve os diferentes misterios cos que se atopa.


Tamén hai unha vesión en cómic.



jueves, 2 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 2 de decembro

Día 2: 

 OS NENOS DA VARÍOLA, de María Solar.


Esta obra ambientada na Coruña e baseada en feitos reais, relata como os Doctores Balmis e Salvany, Isabel Zendal e 22 nenos orfos levaron a cabo unha das fazañas científicas máis importantes da Historia que permitiu levar a vacina da varíola ao continente americano.


Unha lectura moi interesante neste tempo en que tanto se está a falar de vacinas.




miércoles, 1 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. 1 de decembro.



Durante o mes de decembro, cada día poderedes abrir unha xanela do noso peculiar calendario de Advento. Nel atoparedes vinte e catro recomendacións de agasallos para o Nadal.

Comezamos: 

Día 1

Ana la de tejas verdes, de Lucy MAUD MONTGOMERY


Descobre a novela que se agocha detrás da serie Anne with an “E”.

Esta xoia da literatura canadiense narra as aventuras dunha rapaza orfa de once anos intelixente e moi imaxinativa. A obra tivo numerosas adaptacións, só tes que escoller a que máis che guste.



jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N. Educación en igualdade contra a violencia de xénero




Hoxe, 25 de novembro, é o día no que de xeito máis visible queremos denunciar a violencia exercida sobre as mulleres e a importancia da educación comprometida coa igualdade.








No IESEBA estreamos camiseta
co deseño da alumna de 4ºESO Gabriela Antía Vázquez.





Profesorado e alumnado comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.


miércoles, 24 de noviembre de 2021

Club de lectura 1ºESO. Charlando sobre Gurb

O alumnado de 1º de ESO compatiu impresións despois de ler  Sin noticias de Gurb, de Eduardo Mendoza.


O extraterrestre Gurb, perdido na cidade de Barcelona, fai uso da súa peculiar capacidade de adoptar o aspecto de cualquera ser humano.


 "Sin noticias de Gurb es sin duda el libro más excéntrico de cuantos he escrito. No hay en él una sola sombra de melancolía. Es una mirada sobre el mundo asombrada, un punto desamparada, pero sin asomo de tragedia ni de censura", di o autor, Eduardo Mendoza.

Unha obra moi recomendable para público xuvenil e adulto.


lunes, 15 de noviembre de 2021

Clubs manga

 Xa están en marcha os distintos grupos do Club de lectura de manga.

Se temos en conta o número de participantes, podemos asegurar que a actividade está sendo todo un éxito.

Como mostra, aquí temos algunhas fotos. Esperamos con ansia as  recensións.



Alumnado de 3ºESO

Alumnado de 2º ESO


lunes, 8 de noviembre de 2021

Premios "Relatos de terror"

O venres, no segundo recreo, entregamos na Biblioteca os premios aos relatos gañadores do noso Concurso de Microrrelatos de Terror. 

As gañadoras son: 

Rocío Fernández Díaz, de 1º ESO B


Un día, hace mucho tiempo, visité la casa de mis abuelos. Ellos tenían muchos cuadros, pero uno me
llamó mucho la atención, porque en él estaba retratado un asesino en serie, que de aquellas se acababa de escapar de la cárcel. Después de ver ese cuadro, me fui a cenar. Luego me di cuenta de que era un espejo.



Elena Sierra Balseiro, de 4º ESO A:

Agnus Dei

La madera chirriante por las noches, la figura de la pequeña vagando por los pasillos, los ritos
macabros en el sótano... Todo ocurría los martes de madrugada: sangre dibujaba estrellas satánicas en el suelo y cruces invertidas decoraban las paredes de la vieja mansión. Pero aquello no era obra de la pequeña Alicia. Samuel lo sabía. Era aquel ente demoníaco que la tenía a su merced. Un monstruo horripilante. Por fin pudo el chico contemplar su verdadera forma tras atar a su hermano al cabecero. La piel pálida y húmeda, los ojos blancos, el rostro desfigurado de su madre...

"Solo un alma ibera a otra alma", pronunció Alicia. Samuel supo qué debía hacer entonces. Invitó al ente a entrar en él y acto seguido saltó por la ventana con la cuerda del cabecero alrededor de su cuello. El pacto que su madre había hecho con Satanás estaba saldado por fin.



Ainhoa Rodríguz Salgado
, de 1º Bachillerato A:

Mi padre me dijo: "No crezcas nunca"¡Qué desafortunado se siente al visitar mi tumba! No creo que haya hecho nada malo, al fin y al cabo, cumplí su deseo.





Agradecemos á AMPA a súa colaboración cos agasallos.

Ademais, todos os concursantes  recibiron un diploma de agradecemento pola súa participación. O nivel dos relatos foi impresionante, polo que o xurado tivo una moi difícil tarefa. 


miércoles, 27 de octubre de 2021

Una novela de Agatha Christie: Los cuatro grandes

Noa Fraga, del Club de lectura de tercero de ESO, nos habla de  esta novela en la que Hercules Poirot se enfrenta a unos criminales fuera de lo común, Los cuatro grandes


"Li Chang Yen, el número uno; el número dos, representado por el signo del dólar; la número tres, una

famosa científica francesa; y el número cuatro, el destructor", escribe Noa en su reseña. 

¿Podrá el famoso detective  con los cuatro malvados?

Noa te  recomienda "mucho"  el libro "si te gusta el crimen y la investigación". 

Noa Fraga, Noa Portos y Airas
 hablando de las novelas de Agatha Christie




lunes, 25 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se sumaron o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade.



O noso alumnado dos clubs de lectura de terceiro de ESO e primeiro de bacharelato celebra este día lendo a Emilia Pardo Bazán e Agatha Christie. 



 Foron convidados a un "bocata" de tortilla porque non só nos alimentamos de libros.
 😉 Bo proveito!!!