domingo, 1 de junio de 2025

Recomendacións para o verán

 Xuño xa está aquí e hai que pensar en todo o que imos ler en verán.....

Dende Biblioeba facémosvos algunhas recomendacións!


 

viernes, 30 de mayo de 2025

Derradeira reunión do Club de lectura de 3º ESO

 

 " A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto, foi o derradeiro libro comentado polo Club de lectura de 3º da ESO nas súas reunións dos xoves.

Xa pensando no Club de lectura de 4º do vindeiro curso!




jueves, 29 de mayo de 2025

Novidades en Biblioeba

 


 Xa podedes ver no expositor algunhas das novidades do mes de maio.

Algunhas delas están incluídas dentro do Poxecto Inclusión Educativa

Podes consultar todas as novas adquisicións en Biblioeba



jueves, 22 de mayo de 2025

Club de Lectura de Divulgación científica

 

    No Club de lectura de divulgación científica leron, durante este curso 2024-2025, a serie completa de "Microalgas" de Xulia Pisón. Grazas a eles mergulláronse en aspectos diversos do mundo da ciencia.





martes, 20 de mayo de 2025

Representación teatral

 

Dentro do programa de Aprendizaxe e Servizo do IES EBA e das Lecturas compartidas   desenvoltas  durante a hora de reforzo en Biblioeba, o alumnado de 1º  de ESO A e C realizou, o 19 de maio,  unha representación teatral para os usuarios do Centro de Día do concello de Culleredo.

Logo da representación o alumnos e maiores puideron charlar obre comocambiaron os tempos en cuestións de festas, moz@s e vestimenta.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!





miércoles, 14 de mayo de 2025

Apadriñamento lector

Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 5º e 6º de educación infantil do CEIP Ría do Burgo, e un grupo de alumnado voluntario de cuarto de ESO realizaron o xa tradicional Apadriñamento Lector.

Foron dúas xornadas de música, baile, manualidades e lectura nas que contamos ademáis coa actuación dun grupo de alumnado de varios cursos e dúas profesoras.

Moitas grazas !




sábado, 10 de mayo de 2025

Viaxe do alumnado pertencente ao Club de lectura, Club de Arte e voluntariado de Biblioeba

 O alumnado pertencente ao Club de Lectura, Club de Arte e voluntario de Biblioeba , disfrutou duns días de viaxe cultural e convivencia ,visitando Mérida e Granada e asistindo a un musical en Madrid. 

Todos volvemos algo cansos pero entusiasmados coa experiencia



martes, 22 de abril de 2025

Actividades do Mes do Libro

   En Biblioeba celebramos durante abril e maio o Mes do Libro con un mpntón de actividades.

Aquí tendes o calendario!





lunes, 7 de abril de 2025

Torneo de Xadrez

 Biblieba colabora co departamento de matemáticas na organización dun Torneo de Xadrez. Se queres participar só tes que anotarte nas folla de inscrición do taboleiro da túa aula.



jueves, 6 de marzo de 2025

Club de lectura de 3º da ESO

 Neste segundo trimestre, o alumnado do Club de lectura de 3º da ESO, acompañados pola profesora Yolanda Mosquera, está a ler "Non cantan paxaros neste bosque", de Carlos Negro


jueves, 13 de febrero de 2025

Club de lectura de Harry Potter

    En Biblioeba temos o club de lectura perfecto para os amantes de Harry Potter. 

Desta volta , están a ler Harry Potter e o cáliz de lume.



lunes, 3 de febrero de 2025

Podcast literarios

          O alumnado de 1º  da ESO está a a gravar en Polos Creativos

Antes disto, cada grupo realizou o seu propio guión. Unha vez rematadas as gravacións pasarán a editalas para  obter o seu propio Podcast literiario




viernes, 31 de enero de 2025

Ciclo de mulleres 2025

      Como cada ano, coincidindo coa celebración do Día da Muller traballadora, Biblioeba organiza o seu Ciclo de mulleres.

Este ano participará alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO e 1º de BAC.







jueves, 30 de enero de 2025

Reunión do Club de lectura de adultos

 O profesorado do IES EBA pertencente ao Club de lectura, disfrutou onte , dunha xuntanza para comentar "El chico de la última fila"  de Juan Mayorga.

Foi unha reunión deliciosa!



viernes, 10 de enero de 2025

Máis recomendacións lectoras

 Aquí temos máis trípticos de recomendacións lectoras realizados polo alumnado de

 1º de ESO 





jueves, 9 de enero de 2025

Recomendacións lectoras

 

  O alumnado de 1º da     ESO   realizou, neste primeiro trimestre, trípticos de recomendacións lectoras temáticas dirixidos a toda a  comunidade educativa.





miércoles, 8 de enero de 2025

Segundo trimestre en Lectura e Familia

 Xa temos preparadas as actividades de Lectura e Familias para este segundo trimestre. Desexando que chegue mañá para reencontrarnos con esas familias tan riquiñas que nos acompañan mes a mes (e ano a ano)🥰