Día 4:
Nesta novela Giacomo retrata de forma autobiográfica como é ter un irmán con síndrome de Down. Unha obra intimista, tenra e con toques cómicos.
Día 4:
Nesta novela Giacomo retrata de forma autobiográfica como é ter un irmán con síndrome de Down. Unha obra intimista, tenra e con toques cómicos.
Día 3:
Seguro que xa viches a película, agora goza do inxenio da pequena dos Holmes mentres resolve os diferentes misterios cos que se atopa.
Tamén hai unha vesión en cómic.
Día 2:
OS NENOS DA VARÍOLA, de María Solar.
Unha lectura moi interesante neste tempo en que tanto se está a falar de vacinas.
Durante o mes de decembro, cada día poderedes abrir unha xanela do noso peculiar calendario de Advento. Nel atoparedes vinte e catro recomendacións de agasallos para o Nadal.
Comezamos:
Día 1
Ana la de tejas verdes, de Lucy MAUD MONTGOMERY
Descobre a novela que se agocha detrás da serie Anne with an “E”.
Esta xoia da literatura canadiense narra as aventuras dunha rapaza orfa de once anos intelixente e moi imaxinativa. A obra tivo numerosas adaptacións, só tes que escoller a que máis che guste.
Hoxe, 25 de novembro, é o día no que de xeito máis visible queremos denunciar a violencia exercida sobre as mulleres e a importancia da educación comprometida coa igualdade.
![]() |
| No IESEBA estreamos camiseta co deseño da alumna de 4ºESO Gabriela Antía Vázquez. |
Profesorado e alumnado comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.
O alumnado de 1º de ESO compatiu impresións despois de ler Sin noticias de Gurb, de Eduardo Mendoza.
O extraterrestre Gurb, perdido na cidade de Barcelona, fai uso da súa peculiar capacidade de adoptar o aspecto de cualquera ser humano.
Unha obra moi recomendable para público xuvenil e adulto.
Xa están en marcha os distintos grupos do Club de lectura de manga.
Se temos en conta o número de participantes, podemos asegurar que a actividade está sendo todo un éxito.
Como mostra, aquí temos algunhas fotos. Esperamos con ansia as recensións.
![]() |
| Alumnado de 3ºESO |
O venres, no segundo recreo, entregamos na Biblioteca os premios aos relatos gañadores do noso Concurso de Microrrelatos de Terror.
As gañadoras son:
Rocío Fernández Díaz, de 1º ESO B
Elena Sierra Balseiro, de 4º ESO A:
Agnus Dei
La madera chirriante por las noches, la figura de la pequeña vagando por los pasillos, los ritos"Solo un alma ibera a otra alma", pronunció Alicia. Samuel supo qué debía hacer entonces. Invitó al ente a entrar en él y acto seguido saltó por la ventana con la cuerda del cabecero alrededor de su cuello. El pacto que su madre había hecho con Satanás estaba saldado por fin.
Mi padre me dijo: "No crezcas nunca"¡Qué desafortunado se siente al visitar mi tumba! No creo que haya hecho nada malo, al fin y al cabo, cumplí su deseo.
Agradecemos á AMPA a súa colaboración cos agasallos.
Ademais, todos os concursantes recibiron un diploma de agradecemento pola súa participación. O nivel dos relatos foi impresionante, polo que o xurado tivo una moi difícil tarefa.
Noa Fraga, del Club de lectura de tercero de ESO, nos habla de esta novela en la que Hercules Poirot se enfrenta a unos criminales fuera de lo común, Los cuatro grandes.
"Li Chang Yen, el número uno; el número dos, representado por el signo del dólar; la número tres, una
![]() |
¿Podrá el famoso detective con los cuatro malvados?
Noa te recomienda "mucho" el libro "si te gusta el crimen y la investigación".
![]() |
| Noa Fraga, Noa Portos y Airas hablando de las novelas de Agatha Christie |
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se sumaron o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade.