jueves, 1 de julio de 2010
LETRAS GALEGAS 2011 DEDICADO A LOIS PEREIRO
O 17 de maio de 2011, día no que se homenaxea aos que escriben en galega estará dedicado a LOIS PEREIRO, decisión que tomou a RAG o 26 de xuño de 2010.-
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
Poesía última de Amor e Enfermidade
Luz e sombras de amor resucitado (1995): VII.
(Tantos anos que non me observaba
unha pel distinta á miña, ou que non fose xa
parte dos meus ollos, explorada, coñecida
ou compartida...)
Vendo eses dous ollos latexantes
cal visión dunha imaxe entresoñada
no seu peito en perfecta simetría
cun interno tremor que me fascina
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre
protexido da morte
coa súa vida
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as vértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura. (Xuño, 95)
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONSULTA ESTA LUGAR:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario