FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO DEIXOUNOS AOS 97 ANOS.
Francisco Fernández del Riego, naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo) no ano 1913, é unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega. Falece o 27 de novembro de 2010. Foi director da Real Academia Galega, entidade na que ingresara en 1960 cun discurso titulado "Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores", e da Biblioteca da Fundación Penzol. "Historia da literatura galega" é unha das súas obras que nos axudou a coñecer a moitos escritores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario