jueves, 19 de diciembre de 2019

Fálame da emigración


Hoxe, catro persoas viñeron a contarnos a súa historia de vida na emigración.
«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.
A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.
Asistiron os alumnos de 4º C de ESO. Esta actividade forma parte do proxecto de educación na solidariedade promovido pola BIBLIOTECA do IES Blanco Amor






Podedes acceder a máis información na páxina web do Instituto.











No hay comentarios: