Mostrando entradas con la etiqueta ESOPÍAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESOPÍAS. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de marzo de 2024

Concurso de esopías

Para celebrar o Día do Numero PI (14 de marzo): 

Un curso máis, Biblioeba convoca o  CONCURSO DE ESOPÍAS para todo o alumnado matriculado en primeiro de ESO.




Ademáis, haberá, coma sempre, un apartado especial de ESOPÍAS ILUSTRADAS:


IMPORTANTE:

Todos os traballos deben ser orixinais e inéditos.

E non vos esquezades de indicar o voso nome e curso. 

PREME NESTE ENLACE PARA VER CONVOCATORIAS ANTERIORES

martes, 13 de junio de 2023

Esopías premiadas

 Xa coñecemos os traballos premiados no Concurso de ESOPÍAS deste curso.

PREMIOS ESOPÍAS ILUSTRADAS

   

 Javier Álvarez, 1º ESO B



   Antón Rivas 1º ESO C




    Amanda de la Fuente 1ºESO E













PREMIOS ESOPÍAS SEN ILUSTRACIÓN








Moitas grazas a todos os participantes e parabéns aos gañadores!


martes, 14 de marzo de 2023

Día de π . Concurso de esopías

Hoxe, 14 de marzo (3/14 na notación das datas empregada en Estados Unidos)  celébrase o Día de π. 


Pi é una letra do alfabeto grego que, en matemáticas, designa a relación entre a  lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro.


Para celebrar esta data, a biblioteca convoca, como sabedes, un Concurso de ESOPÍAS no que pode participar todo o alumnado de 1º de ESO.  CONSULTADE A INFORMACIÓN NESTE ENLACE .

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) convoca tamén un concurso de ESOPÍAS no que pode participar todo o alumnado.




Consultade as bases neste ENLACE ou premendo na imaxe do logo de AGAPEMA. 
Tende en conta que o prazo de entrega remata o 18 de marzo.







jueves, 23 de febrero de 2023

lunes, 14 de marzo de 2022

Esopías 2022

 

Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


CONCURSO DE ESOPÍAS 2022

IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)


Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.

  • Os participantes poderán presentar unha esopía inédita en galego ou en castelán (ou unha en cada lingua) segundo a guía que proporcionará a profesora.

  • A esopía terá un mínimo de oito palabras.

  • Os traballos serán presentados á profesora correspondente e enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2022” co nome e apelidos do alumno, e grupo ao que pertence.

  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

  • O prazo de entrega remata o 31 de marzo de 2022.

  • A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié.


APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS

  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.

  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

  • Os traballos serán presentados á profesora correspondente.

  • O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2022.


NESTE ENLACE PODES VER OS TRABALLOS PREMIADOS NAS CONVOCATORIAS ANTERIORES.


viernes, 18 de junio de 2021

ESOPÍAS PREMIDAS


1ºESO A:

SÓ TEXTO:

LUCÍA RODÍGUEZ AÑÓN: Gel y casa y virus. Atardecer, música suena sin parar.

ESOPÍA ILUSTRADA:

UXÍA COSTAS TRILLO: Uno y tres y cinco, alargando el tiempo lento sin salir.

UXÍA COSTAS TRILLO

1º ESO B:

SÓ TEXTO:

SABELA BARBEITO TEIJEIRO: Uno y tres, meses confinado. El COVID. Estar sin besos, abrazos. Clínicas, médicos, saturados.


ESOPÍA ILUSTRADA:

JAVIER LAMIÑO LORENZO: Gel a mano y mucha distancia. La vacuna tiene que estar. Esperaré encerrado, miedoso, asustado.


JAVIER LAMIÑO LORENZO

 ESO  C: 

SÓ TEXTO:

CARLA BEIRAS TEJEDOR: Soy y seré 1 virus callejero, te puedes morir sin dolor; apartado, confinado… Persona encerrada, que en ese hospital, esta morirá.


ESOPÍA ILUSTRADA:

ELBA RÍO FONTAÍÑA: C-19 y casa y 40tena, cuantiosa la comida dulce, mas abuso saleroso, que la más graciosa coge, comida, la comida gana.


ELBA RÍO FONTAÍÑA

 ESO D: 

SÓ TEXTO:

HUGO IGLESIAS RODRÍGUEZ: Ian y Nico reçian muchísimo de vídeos junto con Carla mientras estábamos incluso recluidos vil pandemia como presos de muchas iras.


ESOPÍA ILUSTRADA:

ALEJANDRO MARQUES MESSIAS: Gel, gana a COVID vacunando el mundo.

ALEJANDRO MARQUES MESSIAS

 ESO E: 

SÓ TEXTO:

ALBA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ: Años y días y meses historias de abuela serán con coles cerrados bolsillos, hoteles desolados.


ESOPÍA ILUSTRADA:

VALENTINA MARTÑINEZ FIUZA: Una o tres o siete pandemias. Él atrapa, libra, nos ayuda. Finalizada venciendo.

VALENTINA MARTÑINEZ FIUZA

 ESO  F: 

SÓ TEXTO:

CARLOTA SANDE: Soy y será y tengo esperanza en pensar ideas sin COVID. Entiendo amistades alegrías tendremos. Si él nos apoyamos. Todo cambió. Al minuto huyó.


ESOPÍA ILUSTRADA:

ELVIRA SÁNCHEZ RODRÍGUEZ: Por y para gente enterrada, la muerte duele por todos.

ALEJANDRO MARQUES MESSIAS

Parabéns aos gañadores e

 moitas grazas a todos os participantes.

domingo, 14 de marzo de 2021

CONCURSO DE ESOPÍAS

A Biblioteca e os departamentos de Matemáticas, de linguas  e de Plástica convocan o 

CONCURSO DE ESOPÍAS 2021

Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


BASES


  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.

  •  O contido da esopía terá que ter relación co tema da PANDEMIA.

  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.

  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.

  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2021”.

  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

  • O prazo de entrega remata o 30 de abril de 2021.

  • A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié.

APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS


  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.

  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.


PLANTILLA

Escribe a túa esopía nun comentario a esta entrada indicando o teu nome e curso/grupo.


martes, 10 de abril de 2018

ESOPÍAS 2018

CONCURSO DE ESOPÍAS 2018

IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

Resultado de imagen de ESOPIAS IES BLANCO AMOR


ESOPÍAS
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2018”.
  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para ESCRIBE A TÚA ESOPÍA NUN COMENTARIO A ESTA ENTRADA.

viernes, 17 de marzo de 2017

CONCURSO DE ESOPÍAS 2017

CONCURSO DE ESOPÍAS 2017
IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

ESOPÍAS
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2017”.
  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
  • O prazo de entrega remata o 20 de abril de 2017.

APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS

  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.
  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

viernes, 22 de enero de 2016

ESOPÍAS 2016


A biblioteca María Wonenburger convoca o concurso
ESOPÍAS PARA A PAZ

Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
  • O contido da esopía terá que ter relación co tema da paz.
  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2016”.
  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
  • O prazo de entrega remata o 15 de febreiro de 2015.
  • A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié
APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS

  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.
  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
LEMBRADE QUE NESTA EDICIÓN AS ESOPÍAS TEÑEN QUE TER RELACIÓN CO TEMA DA PAZ.

jueves, 18 de junio de 2015

III CONCURSO DE ESOPÍAS CONVOCADO POR AGAPEMA.



III CONCURSO DE ESOPÍAS CONVOCADO POR  AGAPEMA E IV REALIZADO NO INSTITUTO.

 

jueves, 16 de abril de 2015

CONCURSO DE ESOPÍAS 2015



ENVÍA AS TÚAS ESOPÍAS DESDE DO APARTADO DE COMENTARIOS.

jueves, 5 de junio de 2014

ESCOLMA DE ESOPÍAS 2013-14

Escolma de esopías presentadas polo alumnado de 1º de ESO ao III concurso convocado no centro.


miércoles, 30 de abril de 2014

II CONCURSO DE ESOPÍAS CONVOCADO POR AGAPEMA

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o II Concurso de Esopías.  





¿Queres ver algúns exemplos de Esopías? Pincha AQUÍ

BASES:

1. Poderá participar calquera persoa dentro das categorías que se sinalan na base terceira.
2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición da mesma: Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:
  • Alumnos de Primaria e primeiro ciclo da ESO.
  • Alumnos de segundo ciclo da ESO e bacharelato.
  • Adultos, maiores de 18 anos
4. A maiores das categorías anteriores, otorgarase un premio especial patrocinado por educaBarrié á obra máis votada na web polos usuarios.
5. Os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 esopías, pero só terán opción a un premio.
Os premios poderán ser declarados desertos.
6. O prazo de entrega remata o 11 de abril de 2014.
7. As esopías deberán enviarse utilizando o formulario desta web (pincha AQUÍ) e ir acompañadas de tódolos datos que se solicitan.
  • Nome completo.
  • NIF.
  • Categoría na que participa.
  • Enderezo electrónico e teléfono.
  • Centro ao que pertenece e estudos que realiza, se é o caso.
  • Declaración xurada da autoría da esopía.
8. O xurado estará composto por membros de AGAPEMA.
9. A data de entrega dos premios será o sábado, 26 de abril de 2014, durante a celebración da VIII Feira Matemática (PALEXCO). O resultado do concurso  será publicado na páxina web da Feira Matemática (feira.agapema.org) e tamén nesta web.
10. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, das esopías premiadas, así como dos dereitos de publicación nos medios que considere oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo aos seus dereitos de autor.

11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.

jueves, 6 de junio de 2013

ESCOLMA DE ESOPÍAS PRESENTADAS AO II CONCURSO

Esopías con e sen  ilustracións realizadas por diferentes alumnas e alumnos  presentadas ao II concurso convocado no centro.