lunes, 18 de octubre de 2021

Concurso de microrrelatos de terror

 

A BIBLIOTECA MARÍA WONENBURGER DO IESEBA CONVOCA


CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


Un microrrelato é un texto moi breve onde se conta unha historia que busca sorprender ao lector.

A biblioteca convoca este concurso coincidindo coa celebración do Samaín.

BASES

  • Poderá participar todo a alumnado matriculado este curso no IESEBA.

  • Os microrrelatos terán una extensión máxima de 150 palabras.

  • Poderán estar escritos en calquera das linguas que se ensinan no noso Centro.

  • Os textos serán redactados na biblioteca o xoves, 28 de outubro durante os dous recreos.

  • O modelo para a redacción dos microrrelatos será entregado aos participantes na propia biblioteca o mesmo día do concurso.


MODALIDADES

  • Poderase participar en tres modalidades:

    • Alumnado de primeiro e segundo da ESO.

    • Alumnado de terceiro e cuarto da ESO.

    • Alumnado de bacharelato.


PREMIOS

Os autores dos relatos gañadores recibirán agasallos sorpresa, que serán entregados o xoves, 4 de novembro, no primeiro recreo, na biblioteca.

No hay comentarios: