lunes, 24 de abril de 2023

Concurso de booktuber



 I CONCURSO DE BOOKTUBER BIBLIOEBA

BIBLIOEBA convoca o I CONCURSO DE BOOKTUBER

Trátase dunha actividade de fomento da lectura que consiste na realización dun vídeo orixinal no que se faga un comentario dun libro.








  • Poderá participar todo o alumnado no IES EBA.

  • O vídeo, que poderá ser en galego, castelán inglés ou francés, terá unha duración máxima de 3 minutos.

  • Se algunha parte do contido (imaxes, música, textos…) non son de creación orixinal, os seus autores deben figurar nos créditos.

  • Os traballos serán enviados ao correo biblioeba@gmail.com. No asunto debe aparecer "Concurso booktuber". No corpo do correo escribiranse o nome, apelidos e curso do autor ou autora.

  • Prazo de presentación: entre o 23 de abril, “Día do libro”, e o 17 de maio, “Día das Letras Galegas”.


CATEGORÍAS

  • Establécense dúas categorías:

    • Primeira categoría: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

    • Segunda categoría: alumnado de 4º de ESO e de bacharelato.


PREMIOS

Otorgarase un premio ao mellor traballo de cada categoría. 




No hay comentarios: