jueves, 4 de mayo de 2023

Apadriñamento lector

A semana pasada tivemos tres xornadas de apadriñamento lector co alumnado de Educación

Infantil de CEIP Ría do Burgo. Os nosos alumnos contaron aos pequenos o conto de María Victoria Moreno, O vagalume e o luceiro.

Despois, por parellas de apadrinamento, crearon un vagalume e leron libros infantís proporcionados pola Biblioteca do Fórum.

O alumnado de infantil puido tamén observar o ciclo dos vermes de seda e as plantas carnívoras nun recuncho preparado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.





Foi unha experiencia extraordinaria. 

Graciñas e parabéns a todos os participantes!

No hay comentarios: