O equipo de dinamizacización da biblioteca deséxavos Bo Nadal!
martes, 24 de diciembre de 2024
lunes, 16 de diciembre de 2024
jueves, 12 de diciembre de 2024
Reunión do Club de lectura de 3º da ESO
Neste primeiro trimestre, o alumnado de 3º da ESO, leu O que sei do silencio de Andrea Maceiras, libro que comentaron durante as reunións dos xoves no segundo recreo.
lunes, 2 de diciembre de 2024
Xuntanza do club de lectura de Bacharelato
O pasado 28 de novembro, na primeira xuntanza do Club de Lectura de Bacharelato , comentamos un clásico do xénero das distopías : Fahrenhait 451, de Ray Bradbury.
Sorprendémonos ao comprobara actualidade desta novela, publicada por primeira vez en 1953, na que se fala de queima de libros, de censura, de tecnoloxía, de intelixencia artificial, de relacións humanas... E é que un clásico é un clásico!
domingo, 1 de diciembre de 2024
Calendario de Advento literario
Como cada decembro comezamos o noso Calendario de Advento Literario.
Cada día, ata o 25 de decembro, descubriremos unha recomendación literaria.
jueves, 28 de noviembre de 2024
Club de Manga
Os xoves, no primeiro recreo, son as reunións dun dos nosos clubs con máis usuarios,
o Club de Manga
viernes, 22 de noviembre de 2024
Club de lectura Afectivo-sexual
Neste curso, a profesora Biblioeba e a profesora de bioloxía Zeltia Torrecilla, puxeron en marcha dous novos clubs de lectura: Afectivo-sexual e Divulgación científica con moi boa aceptación entre o alumnado, sobre todo en 3º da ESO.
Aquí temos os integrantes duha das reunións dos venres, do Club de lectura afectivo-sexual comentando "El semen mola" de Ana Salvia
lunes, 4 de noviembre de 2024
Formación de usuarios
Como todos os anos, o mes de outubro adicámolo á formación de novos usuarios.
O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de coñecer os recursos de Biblioeba organización.
Dentro das actividades, logo dunha explicación por parte do equipo de Biblioeba, o alumnado realizou unha pequena xincana na que de buscou exemplares nos estantes, refixo etiquetas con erros de codificación, que puxo no exemplar correspondente para poder colocalo no estante que lle correspondía.
Semana das Mates
Esta semana comenza a dinamización científica nos recreos da biblio.
Mes da ciencia na biblio
Comenza o mes da ciencia na biblio. Durante todo o mes de novembro, os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual dinamizarán os tempos de lecer.
jueves, 24 de octubre de 2024
Xincana literaria
Hoxe é o día das bibliotecas e para celebralo o equipo de Dinamización da biblioteca, o equipo de Dinamización da lingua galega, os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, Educación Plástica e Educación Física organizamos, outro ano máis, unha xincana literaria con temática de Harry Potter. Esta xincana ía dirixida a todo o alumnado voluntario da biblioteca e a todos os membros dos clubs de lectura.
Dende o equipo de Dinamización da biblioteca queremos dar as grazas ao noso alumnado por estar sempre disposto a participar en todas as actividades que propoñemos e ao profesorado colaborador por facer posible esta xincana.
lunes, 14 de octubre de 2024
Microrrelatos de terror
Un ano máis , Biblioeba convoca o seu concurso de Microrrelatos de terror
Infórmate en Biblioeba!
lunes, 7 de octubre de 2024
miércoles, 2 de octubre de 2024
Expositor de novidades
Dentro dos nosos espazos non nos podemos olvidar do expositor de novidades.
Podedes consultalo para estar ao día das novas adquisicións de Biblioeba
martes, 1 de octubre de 2024
Os nosos espazos
Lectores, artistas, amantes dos xogos de mesa.........
En Biblioeba temos un recuncho para cada un de vós.
lunes, 30 de septiembre de 2024
Nova imaxe en Biblioeba
En Biblioeba tivemos a sorte de contar co gran artista @baone
para darlle unha nova imaxe á nosa entrada.
lunes, 23 de septiembre de 2024
Como recoñecer Novas falsas?
Inauguramos unha serie de infografías con recursos básicos para relacionarte co mundo das TICS.
Hoxe damosvos as pautas para recoñecer novas falsas.
lunes, 16 de septiembre de 2024
Club de xogos de mesa
Este cursoen Biblioeba imos contar cun Club de xogos de mesa.
Club de arte
Este curso Biblioeba colabora co Club de Arte do IES EBA.
Se buscas un lugar onde explorar a túa creatividade, aprender sobre diferentes linguaxes artísticas ou coñecer a obra de grandes figuras da Historia a Arte. Esteé o teu club.
jueves, 12 de septiembre de 2024
Voluntarios
En Biblioeba buscamos voluntarios para o curso 24/25.
Se queres colaborar anótate do 16 ao 20 de septembro durante os recreosmiércoles, 11 de septiembre de 2024
martes, 4 de junio de 2024
Recomendacións para o verán
Xa chega o fin de curso e Biblioeba ten unha morea de recomendacións para este verán:
martes, 21 de mayo de 2024
Representación de El Retablo de las Maravillas
martes, 14 de mayo de 2024
Obradoiro de papel reciclado
Dentro das actividadaes progamadas para a conmemoración do Día do Libro, o alumndo de 1º de ESO leva a cabo un obradoiro de papel reciclado.
Nesta actividade participan o Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, o Club de Ciencia e o Equipo de Dinamización de BIBLIOEBA.
lunes, 13 de mayo de 2024
Novos xogos en Biblioeba
En Biblioeba, seguimos a incrementar os xogos para tempo de lecer (e aprender):
viernes, 10 de mayo de 2024
Apadriñamento lector
Comezaron cun contacontos sobre Luísa Villalta, a continuación decoraron violíns e, para rematar, visitaron a exposición de libros preparado pola Biblioteca Municipal do Fórum e participaron dos espazos de arte e xogos de Biblioeba.
martes, 7 de mayo de 2024
Última reunión del Club de Lectura de Bachillerato
Hoy nos despedimos del alumnado del Club de Lectura de Bachillerato con un cambio de impresiones sobre la obra de teatro de Juan Mayorga, El chico de la última fila.
lunes, 6 de mayo de 2024
Vicent van Gogh en "Lectura e familias"


jueves, 2 de mayo de 2024
Escarlatina, a cociñeira defunta: Proxecto interdepartamental
O alumnado de 2º de ESO participa nun interesante proxecto a partir da lectura da obra de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta.
Xa teñen elaborados menús en galego, inglés e en francés:
miércoles, 1 de mayo de 2024
Proxecto interdepartamental
O noso alumnado de 21 de ESO traballa os conceptos matemáticos da proporcionalidade e porcentaxe a través de follas de cálculo no marco do noso proxecto máis internacional.

