jueves, 24 de octubre de 2024

Xincana literaria

 Hoxe é  o día das bibliotecas e para celebralo o equipo de Dinamización da biblioteca, o equipo de Dinamización da lingua galega, os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, Educación Plástica e Educación Física organizamos, outro ano máis, unha xincana literaria con temática de Harry Potter.  Esta xincana ía dirixida a todo o alumnado voluntario da biblioteca e a todos os membros dos clubs de lectura. 

 Dende o equipo de Dinamización da biblioteca queremos dar as grazas ao noso alumnado por estar sempre disposto a participar en todas as actividades que propoñemos e ao profesorado colaborador por facer posible esta xincana.



No hay comentarios: