jueves, 19 de diciembre de 2019

Fálame da emigración


Hoxe, catro persoas viñeron a contarnos a súa historia de vida na emigración.
«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.
A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.
Asistiron os alumnos de 4º C de ESO. Esta actividade forma parte do proxecto de educación na solidariedade promovido pola BIBLIOTECA do IES Blanco Amor






Podedes acceder a máis información na páxina web do Instituto.











Concerto na biblioteca


Hoxe, 19 de decembro, contamos coa actuación do grupo instrumental DIAZEUXIS na biblioteca. Con motivo da celebración de Nadal, o grupo vainos interpretar baixo a dirección de Julián Jesús Pérez:
Naohiko Terashima -Akai Hana (canción japonesa)
Huahuanacá (canción de Navidad)
O du fröliche (coral)
Stille Nacht (Noche de Paz)





Intérpretes:
Miguel Armesto, Elena Bao, Iago Bescansa,Inés Canzobre, Sofía Corral,Xabier Guitián,Sarah Iglesias, Eva Lamas, Paula López, Miranda Martínez, Belén Míguez, Tomás Mir, Gorka Moledo, Cristina Orejas, Alicia Ortega, Aroa Parga, María Pérez, Celia Piñeiro, Andrea Ramos, Laura Roca, Paula Rodríguez, Pablo Bao, Iago Bescansa, Raquel Piñeiro, Jorge Pereira, Arón Puga, Noa Insuana, Sara Patiño e María Porto.

,

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Exposición STEM

ANÍMATE, VISITA O NOSO EXPOSITOR CIENTÍFICO (STEM) NA BIBLIOTECA!


Dende esta semana podes ver o expositor cos últimos libros científicos adquiridos, seguro que atoparás algún que che guste.


Fomos falar con Ángel Acción, o organizador de Club de Ciencia, para que nos dera a súa opinión sobre os libros e o Club.
-Biblioeba: ola, Ángel, podes contarnos en que consiste o Club?
- Ángel: É un espazo de aprendizaxe baseado na investigación e traballo co obxectivo de dar resposta a problemas que nos interesan. É un traballo en equipo.
- Bilioeba: Quen está implicado no Club?
-Ángel: Pode colaborar calquera departamento e alumnado posto que os temas e intereses poden ser moi variados. Actualmente o noso club céntrase na robótica e domótica.
- Biblioeba: Que opinas das novas adquisicións que fixo a biblioteca?
- Ángel: Están xeniais! Todos estes libros, ademais de ser divulgativos presentan unha edición moi atractiva.

Xa sabeches, se queredes pertencer ao Club de Ciencia, falade con Ángel, el estará encantado de ofrecervos calquera información. Tamén podes consultar o seu blog, picando AQUÍ.

Ah, e animádevos a coller un libro como lectura para este nada….eu xa teño o meu!

lunes, 16 de diciembre de 2019

Ciencia e tecnoloxía para rematar o ano

Nesta derradeira semana do ano en BIBLIOEBA , temos unha exposición de libros de temática científica, grazas á aportación dos fondos STEM.




Escolle o que máis che apeteza e lévao a casa no Nadal.

jueves, 12 de diciembre de 2019

Decembro en Biblio Eba


Lembrade que é tempo de solidariedade en BIBLIO EBA.
Libros, películas...

... e agasallos.



martes, 10 de diciembre de 2019

Xa está en marcha o mercadiño solidario


Mirade que cousas tan boas para os agasallos de Nadal. 



lunes, 9 de diciembre de 2019

Preparando o mercadiño solidario


O alumnado do IES EBA organiza na Biblioteca un mercadiño solidario do 9 ao 13 de decembro.




Todos os cartos recaudados irán ás comunidades que elaboran os productos a través da ONG OXFAM INTERMÓN.

ANIMÁDEVOS A COLABORAR!
Ademais, temos unha exposición de libros e películas sobre o valor da solidariedade.





martes, 3 de diciembre de 2019

Nova visita ao Centro de Día


Así de contentos estaban os integrantes do Club de Lectura antes de saír para o Centro de Maiores de O Burgo. Sabían o ben que o ían pasar.


miércoles, 27 de noviembre de 2019

Voluntarios do Banco de Alimentos


O pasado sabado 23 de novembro, un grupo de alumnos do IES EBA colaborou na campaña de  recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de A Coruña.




Que orgullo contar cun alumnado tan solidario!

lunes, 25 de noviembre de 2019

Pola eliminación da violencia contra as mulleres


(...) Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria ni he
soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Solo  cantos de
independencia y libertad han balbucido mis labios aunque alededor
hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían
aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los
grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas;
como los árboles en el desierto y el pirata en el mar.
Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se
alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, soberbio como Luzbel y
dulce como un esperanza.
Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o
quieren marcar mi frente con una mancha de oprobio, yo me río
como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más
grande
que su inquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero
no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual
a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne.
(…)

ROSALÍA DE CASTRO: Lieders