Mostrando entradas con la etiqueta 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2018. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de mayo de 2018

Letras Galegas. Victoria Moreno

Mural dedicado a Victoria Moreno na entrada da Biblioteca, realizado polo alumnado de 3º ESO.





domingo, 13 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018. CONCURSO


IES EDUARDO BLANCO AMOR
BIBLIOTECA
CONCURSO “DÍA DAS LETRAS GALEGAS”
CURSO 2017/18

A Biblioteca María Wonenburger (IES Eduardo Blanco Amor) convoca un CONCURSO no que poderá participar todo o alumnado matriculado este curso 2017-2018 no Instituto Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
O concurso pretende fomentar a creación artística e literaria. Os traballos presentados deberán conter un texto en galego que faga referencia ao significado que ten para Galicia esta data do 17 de maio, día da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares galegos en 1863. O texto deberá ir acompañado dunha ilustración relacionada con el.

Os traballos presentaranse en formato DIN-A3. A técnica é libre.

Na parte posterior da lámina deben constar: Nome, apelidos e curso do autor.

A data límite de entrega é o 18 de maio de 2018.

Os traballos deben ser entregados na biblioteca durante os recreos.

O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca e dos Departamentos didácticos colaboradores.

O xurado concederá premios (ofrecidos pola ANPA) ás seguintes modalidades:
Modalidade I: 1º Ciclo da ESO
Modalidade II: 2º Ciclo da ESO e Bacharelato



Biblioteca

IES E. Blanco Amor. Culleredo

martes, 24 de abril de 2018

23 de abril: Libros que deixan pegada


  Para celebrar o Día do Libro, o alumnado do Instituto recomenda "LIBROS QUE DEIXAN PEGADA".






MOITAS GRAZAS A TODOS OS COLABORADORES

Podedes deixar máis recomendacións nun comentario a esta entrada.



martes, 10 de abril de 2018

ESOPÍAS 2018

CONCURSO DE ESOPÍAS 2018

IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

Resultado de imagen de ESOPIAS IES BLANCO AMOR


ESOPÍAS
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.


  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2018”.
  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para ESCRIBE A TÚA ESOPÍA NUN COMENTARIO A ESTA ENTRADA.

martes, 9 de enero de 2018

Agasallos de Nadal en Biblioeba

Papa Noel visitu a nosa biblioteca e deixou un feixe de libros de agasallo.





Pasádeos a velos!